Aos continuados carteis de véndese piso ou véndese finca na Costa da Morte, acáballe de saír un novo competidor: véndese dolmen. A Consellaría de Cultura anda a mercar estes monumentos que se atopan espallados por este contorno para crear un Ruta do Megalitismo que servirá para por en valor este patrimonio. Vexamos as dificultades do procedemento.
Na Costa da Morte hai arredor dunha trintena de dolmens, monumentos megalíticos que se dilúen coa mutante paisaxe deste litoral. Un patrimonio que a consellaría de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pérez Varela xa quixera por en valor, proxectando para esta zona un Parque do Megalitismo. Daquel proxecto, o actual equipo de goberno recuperou a idea, deulle unhas voltas e presentou unha iniciativa que explota culturalmente os dolmens no seu emprazamento actual. Pero o primeiro paso de toda esta medida de actuación pasa por mercar primeiro estes monumentos. Para iso, o departamento que dirixe Ánxela Bugallo ten previsto para finais do 2008 mercar 15 dolmens.
A compra
Fontes da Consellaría de Cultura indican que neste momento se están a realizar as primeiras conversas cos propietarios duns quince dolmens situados na Costa de Morte, pero non facilitarán a lista nin as cifras aproximadas ata que se teña finalizado o proceso. Pero o que si adiantan é se trata dunha actuación complexa porque en moitas ocasións non se trata dun proceso de negociación cun único propietario senón con varios, xa que non se merca o monumento, senón o terreo no que está. Ás veces, en función de onde estea situado, cómpre tamén mercar as leiras que permiten chegar ata o dolmen. De feito, a taxación que fan os técnicos de Cultura para fixar un prezo estimado do dolmen contabilízase unicamente o terreo e non o monumento.
A primeira parte é a fase de negociación, na que os técnicos da Consellaría de Cultura inician as conversas cos propietarios achegando unha cifra dos terreos nos que se asenta o monumento. Fontes de Cultura explican que se segue o procedemento de adquisición de terreos que usa a administración, que pasa pola definición do tipo de terreo (rústico, urbano...), que utilidade ten (cultivos, explotación...) que servirá para determinar o prezo do metro cadrado. Despois mídese a superficie total faise a multiplicación e obténse o prezo final. É nesta fase, na de negociación, na que está a Consellaría de Cultura neste momento.
No caso de que non haxa un acordo concreto nesta materia, pasarase ao segundo nivel, que é o da expropiación, que se rexerá de acordo co estipulado na lei de expropiación forzosa (Lei 16 de decembro de 1954). Neste suposto, a lei contempla a creación dunha Comisión especial integrada por tres académicos (Mesa do Instituto de España, Ministerio de Cultura e polo propietario do ben afectado) que establecerá o prezo xusto a pagar e que continúa o procedemento. Para os terreos próximos ao lugar no que se sitúa o dolmen, a Lei tamén contempla o procedemento de actuación, que pasa, por aplicar o procedemento xeral para edificios e terreos.
O uso
Malia que Cultura non precisa cales son os dolmens ata que o proceso estea finalizado, fontes deste departamento explican que os monumentos a mercar están situados en Vimianzo, Zas, Laxe, Malpica, Mazaricos, Dumbría, Carballo e Cabana de Bergantiños (que se trata do dolmen de Dombate, que xa é propiedade da Deputación). Estas mesmas fontes apuntan que son compras da Consellaría de Cultura pero que contan coa colaboración dos concellos e que o gasto xa está presupostado nos orzamentos do vindeiro ano.
Unha vez que estean mercados, Cultura iniciará o seu proxecto destinado á cultura megalítica. Será do mesmo xeito que fixo na provincia de Pontevedra, en Campo Lameiro, coa creación do Centro de Interpretación da Arte Rupestre. Neste sentido, a Costa da Morte terá o seu Centro de Interpretación do Megalitismo. Canda el, crearanse unha serie de puntos de información menores, situados en cada dolmen que permitirá establecer unha rede de visitas nesa zona que permita comprender o conxunto do patrimonio megalítico.
Outros exemplos
Os dolmens da Costa da Morte non son as primeiras compras que fixo a Consellaría de Cultura. De feito, Campo Lameiro e a Cidadela son outros exemplos de bens patrimoniais que foron mercados por este departamento. O último en mercarse foi a Cidadela, o campamento romano de Sobrado dos Frades (A Coruña), que se mercou en 1987 que foi un proceso que durou varios anos e tivo lugar en varias fases.