Hai agora cinco anos, o afundimento do Prestige provocaba unha reacción social sen igual en Galicia. As mobilizacións masivas e a implicación desde o mundo da cultura amosaron novos xeitos de se involucrar co medio. De xeito semellante, nos últimos tempos estamos a ver exemplos de mobilizacións masivas por temas en boa medida ambientais, coma os casos do Courel, Reganosa ou o Plan AcuÃcola. ¿Provocou o Prestige algunha mudanza na nosa implicación ecolóxica?
“A sociedade civil colleu as rédeas. As mobilizacións están a se separar das siglas polÃticas e se antes os partidos eran os que movÃan a xente, agora a sociedade lévalles a dianteira”, apunta Fins Eirexas, secretario xeral da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA). Propostas coma as xa mencionadas, canda a moitas outras, semellan amosar cambios no xeito en que a sociedade galega se compromete co seu contorno. Segundo explica Celestino Quintela, Coordinador Xeral da Federación Ecoloxista Galega “estas iniciativas están movendo moita máis xente e conseguen desenvolver máis plataformas do que o movemento ecoloxista en si”, recoñece. “En moitas ocasións conségueno a partir de problemas concretos que non son estritamente ambientais pero que teñen implicacións no medio. AÃnda que os colectivos ecoloxistas os poidan apoiar, realmente quen está movendo agora xente para estas problemáticas concretas son os movementos veciñais”, completa.
A herdanza do Prestige
En canto á posibilidade dunha influencia do movemento do Prestige nestas mudanzas, Quintela recoñece que “pode ser. Na actualidade vese máis efervescencia e un tecido máis vivo, axiña se crean plataformas para protestar. Tamén pode haber a percepción de que coa presión axeitada se conseguen cousas”, explica, pondo coma exemplo o éxito das mobilizacións contra a piscifactorÃa de Touriñán. Eirexas, pola súa banda, teno claro. “Hai un antes e un despois do Prestige. Deuse un incremento no compromiso ambiental da sociedade. O ambiente pasou a primeira liña da axenda dos medios de comunicación e mesmo os polÃticos tomaron nota”, asevera. “En certo xeito, supuxo unha maduración cÃvica da sociedade galega. A autoorganización de Nunca Máis callou despois noutros movementos que son os seus herdeiros directos”.
Múltiples problemas
Unha caracterÃstica común a estas iniciativas é o xeito en que se mesturan diferentes problemáticas. Deste xeito, Quintela lémbranos propostas coma o Foro Social de Cangas. “No Foro tamén hai ecoloxistas aÃnda que aà conflúen, canda aos argumentos ambientais, cuestións urbanÃsticas, sociais ou de patrimonio. Pasa o mesmo en Reganosa, que tamén é unha cuestión ambiental pero ten unha vertente fundamental de saúde pública. A xente non se move só contra a regasificadora polo que supón para o medio ou contra a dependencia de combustibles, senón tamén porque está preto da casas. E o mesmo acontece en certo xeito con SOS Courel”, apunta. Eirexas pola súa banda, sinala que “en cada un dos lugares ameazados por un proxecto agresivo xurdiron nos últimos anos plataformas cÃvicas e sociais. Podemos falar de Reganosa, dos afectados pola cementeira do Oural, pola factorÃa de Rinlo ou polos problemas de contaminación en Cerceda. Hai unha heteroxeneidade de intereses que conflúen nunha reivindicación que ten moito que ver con temas non só ambientais senón tamén sociais”.
SaÃr do patio
A valoración deste fenómeno desde o movemento ecoloxista é en xeral moi positiva. “Está moi ben a nivel de que xera tecido social, pero desde un punto de vista puramente ecoloxista pode haber situacións nas que non concordemos con presupostos concretos”, apunta Quintela. Nese sentido sinala que en determinadas mobilizacións ten grande peso o fenómeno coñecido coma "Non no meu patio traseiro" (NIMBY, polas siglas inglesas de "Not in my backyard"). Neses casos, movementos veciñais poden protestar ante a construción próxima ás súas casas de determinadas instalacións por mor de intereses fundamentalmente locais, sen se involucrar na problemática xeral de, por exemplo, as polÃticas enerxéticas ou de residuos, o efecto invernadoiro ou os sistema de xestión de territorio, segundo os casos. Eirexas, pola súa banda, considera que “de momento está a se conseguir que estes conflitos transcendan o ámbito local e non se produza no efecto NIMBY. A coordinación xurdiu en moitos casos de xeito espontáneo entre plataformas locais”.
Efecto nas organizacións
O incremento no número de mobilizacións non se está a traducir polo momento nun crecemento destacado nas filiación aos colectivos ecoloxistas. “A nivel de socios non se notou moito nin sequera cando o Prestige”, explica Igrexas. No entanto, recoñece que para as organizacións, “supuxo un incremento da eficiencia organizativa. Nestes anos houbo que responder a moitas cuestións, coma o voluntariado. Para alén, isto permitiu fortalecer un pouco o contacto coa sociedade”. Precisamente ese contacto é visto por Quintela, desde a FEG coma “unha posibilidade de que estes movementos poidan dar nunha entrada de xente nos colectivos ecoloxistas. Polo momento semella que non se está a producir, pero a longo prazo pode acontecer”, apunta Quintela. “Houbo casos coma a plataforma do Encoro do Umia, da acabou saÃndo xente moi formada en cuestións de rÃos. E aÃnda que maiormente non fluÃron cara a colectivos, si traballaron por exemplo na Iniciativa Lexislativa Popular sobre os rÃos”.
A conexión cultural
Para alén da cantidade de xente que mobilizan, estes movementos contan tamén con peculiaridades en canto ao xeito en que se realizan as protestas. En xeitos que recordan as mobilizacións do Prestige, atopamos propostas de videocreación, como no caso de SOS Touriñán, ou do documental “Reganosa, o salario do silencio” de Mabel Ribera e Enrique Banet. Ao tempo, concertos, manifestos ou creacións literarias participados por figuras máis ou menos recoñecidas da nosa cultura forman parte de moitos destes movementos. “Cada vez hai unha maior comuñón entre a intelectualidade e o pobo galego”, explica Eirexas este fenómeno.”A xente agradece que artistas e intelectuais se sumen a estas reivindicacións” . Como causas, apunta que “moitas mobilizacións conéctanse con cuestións non só de xestión administrativa, senón que tocan a idiosincrasia, a paisaxe, a cultura inmaterial e os propios sentimentos da xente, e iso tamén conecta con máis facilidade cos artistas”.
Cristalización
Na actualidade semella que a plataforma “Galiza non se vende” está a xurdir como aglutinadora destas propostas sectoriais e locais. “A plataforma recolle o traballo da Rede Litoral Vivo e conta con SOS Courel, a xente de Reganosa, os colectivos que se mobilizan contra o Plan AcuÃcola e diferentes organizacións ecoloxistas”, lembra Eirexas. Malia á aparente disparidade de intereses dos colectivos que participan nesta plataforma “erguendo un pouco a vista das cuestións locais hai en común o tema do respecto polo medio natural, polos nosos propios recursos e por nós mesmos coma paÃs”, completa. “Reclámase unha filosofÃa distinta de xestión do territorio e participar directamente nela, non só mediante as eleccións e os representantes polÃticos”. Pendentes do resultado destas reivindicacións, debemos considerar a implicación que se está a dar coma un éxito en si mesma.