O CGAC trae, por primeira vez, a obra do artista suizo Peter Wüthrich

Cada mestre ten....

Se existe un denominador común en toda a obra do artista Peter Wüthrich (Berna, 1962) ese é o libro. Ata un total de 40.000 volumes ocuparán dende hoxe ata o vindeiro 15 de xullo os salóns do Centro Galego de Arte Contemporánea. O libro permítelle a este suizo construir a súa proposta estética e contar a súa historia en cores. Xunto ó suizo, que expón por primeira vez en España, a arte tamén outras citas no CGAC: a estética renovadora da plástica sudamericana con Efrain Almeida (Brasil, 1964 ) e unha retrospectiva pola obra da artista ferrolana Pamen Pereira (Ferrol, 1963).


Libros dende Suiza




É a primeira vez que a obra plástica do artista Peter Wüthrich chega a España, e para esta exposición trouxo un conxunto de 40.000 volumes que forman instalacións constructivas e cromáticas, fotografías e un vídeo. É o material compositivo do que se serve para construir as súas historias como material narrativo. O creador suizo recoñece non ter lido todos os seus libros, unha característica non necesaria para que a súa obra teña sentido por si mesma, ó xogar coa súa plasticidade. Polo demais, Wüthrich pide a todos os asistentes ó CGAC a ver a súa obra, unha grande capacidade de imaxinación, para poder interpretar as súas propostas.














A renovación da arte brasileira



A madeira e o tecido en pezas de pequena escala e que recollen a mitoloxía e a lenda do noroeste do Brasil enchen estes días unha das salas do CGAC. É a proposta estética coa que Efrain Almeida (Boa Viagem, Ceará, Brasil, 1964) renova o panorama da arte brasileira.










Sombras e luces de Ferrol



"Gabiente de traballo, o encontro coa sombra" é o título coa que esta artista ferrolana (afincada en Valencia) inaugura a súa terceira exposición no CGAC. Unha proposta na que a artista presenta a intrahistoria do seu mundo interior, plantexando as súas incógnitas a nivel emocional, o seu universo de sombras, que recolle na súa obra.