O teatro é, sen dúbida, unha das actividades culturais nas que resulta máis sinxelo introducir os pequenos da casa, xa que os seus propios xogos teñen moito de compoñente teatral. Malia a isto, non existe unha especial produción de textos preparados para eles. Para analizar esta situación está en marcha o proxecto Garfo, unha ambiciosa iniciativa que quere recompilar a totalidade das pezas infantÃs que existen no noso idioma.
Considerado en boa medida como un xénero menor dentro das nosas letras, e malia ao éxito internacional da nosa Literatura Infantil e Xuvenil, o teatro para nenos está moi lonxe de conseguir a difusión que teñen outras formas culturais. Nese sentido, segundo nos explica Carlos Labraña, autor e investigador deste xénero, “hai que diferenciar a literatura dramática infantil e as montaxes que se fan no paÃs”, explica. “Na escrita dramática estamos aÃnda nunha fase de consolidación, mentres outros xéneros de literatura infantil como a novela ou mesmo a poesÃa xa están consolidados”. A este respecto, lembra a longa historia de tentativas puntuais por favorecer o desenvolvemento do xénero. “A aparición do premio da Asociación O Facho en 1973 abriu vÃas, que se foron mantendo coa continuación de premios en diferentes anos”. No entanto, e malia a que este galardón se mantivo ata o ano 94, e que outros premios coma o do Concello de Xove, o Xeración Nós ou o Estornela, da Fundación Neira Vilas, mantiveron a presenza do teatro infantil na nosa cultura, non se conseguiu un afianzamento do xénero. A última tentativa no campo dos premios foi o que leva o nome de Manuel MarÃa e, en certo xeito, o Barriga Verde de Teatro para TÃteres, no que os textos van dirixidos en boa parte dos casos ao público infantil.
A oferta
En canto ás representacións, este investigador salienta que non existe unha oferta estable para que os nenos se poidan achegar ás táboas. “Hai unha eiva desde grupos profesionais, e é algo que non entendo porque penso que moitas das montaxes que se fixeron de teatro infantil tiveron moi boa acollida, sobre todo aquelas orientadas aos colexios”, sinala. “Quizais moitos grupos abandonan por non consideralo tan importante coma os espectáculos para adultos”. Como exemplos puntuais no panorama destaca a programación infantil Asteroide B-612 que durante varios anos mantivo a Sala Nasa, e o traballo que nela e despois veu desenvolvendo a compañÃa Berrobambán. “Está tamén Teatro Buratini, ata hai pouco a programación de monicreques da Sala Yago. Tamén tivemos aÃnda hai pouco os Galicreques en Santiago”. Tamén Sarabela fixo montaxes coma `A gata con botas´ ou o `Romance de Micomicón e Adhelala´ de Blanco Amor e logo “está o Centro Dramático Galego que programa cada ano unha obra infantil”, completa este investigador. “Eu penso que mercado hai, e moito, e os colexios están abertos a recibir ofertas neste sentido”.
Garola
Dentro desta oferta, Labraña desenvolveu tamén a súa faceta como autor dentro do colectivo Garola. “O grupo creouse en Cedeira en 1988, e é un colectivo dedicado á creación, difusión e montaxes de teatro infantil”, explica. O proxecto, que se fixo con dous premios “Xeración Nós”, e desenvolveu unha colección e obras teatrais para os máis pequenos que conta xa con cinco tÃtulos e prepara dous novos lanzamentos. Para alén, o colectivo abordou tamén a montaxe das obras que escribÃan colectivamente. “Na actualidade apoiamos as representacións do grupo N+1 de Ferrol, e continuamos traballando un núcleo duro de cinco persoas que facemos por separado o traballo creativo”.
Protagonistas
É evidente, que ademais de cómo espectadores, os máis pequenos poden ser tamén protagonistas do feito teatral, e non é estraño que desde os centros de ensino se organicen grupos de afeccionados. “Existen máis en primaria que en secundaria”, analiza Labraña. “Neste ciclo funcionan máis as asociacións de pais e son estas en moitos casos as que se preocupan de dar, externamente, as clases de teatro. Despois en ESO son os profesores os que se encargan deste campo, e ao supor horas que non están pagas métense algo menos”. De calquera xeito, o ensino semella un campo aboado para a difusión das artes escénicas. “Os educadores sinalan que permite aprender moitas cousas. Pódese abordar como lectura en grupo, permite superar a timidez, practicar a lectura, a memorización…”, enumera.
O proxecto Garfo
Os datos que Labraña manexa proveñen dunha enquisa que realizou, canda a outros compañeiros do campo da educación e da escena, dentro do Proxecto Garfo. Esta iniciativa, integrada no traballo da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil, pretende analizar polo miúdo a situación da dramaturxia infantil no paÃs. “Nesta primeira fase pretendemos sobre todo tirar unha guÃa que recolla todo o teatro infantil editado en Galicia”, sinala, “xa que os profesores moitas veces quéixanse de que non atopan textos para traballar”. Breves fichas que identifican cada obra, con resumos, indicacións escénicas, número de persoas necesarias para a representación e mesmo mostras do texto que permitan coñecer o estilo, farán parte deste volume. A intención é facilitarlle aos interesados localizar as montaxes máis axeitadas para as idades, preparación e condicións dos grupos.
O futuro
A intención é que esta guÃa, que se desenvolve co apoio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e na que colabora o Centro Dramático Galego, sexa impresa a comezos do ano 2008. O proxecto, no entanto, non remata aÃ. “Máis adiante queremos dispor dun web que se poida ir actualizando, e nunha segunda fase agardamos introducir nel o teatro infantil que se representa, para que os grupos nos manden imaxes e información do traballo que desenvolven”, adianta Labraña. Está visto que nos vindeiros anos sairá á luz boa parte do que se agocha detrás dese pano.