Fotografía e pintura enchen as galerías de toda Galicia

Arte ecléctica

A Coruña, Lugo, Ferrol e Pontevedra albergan estes días novas exposicións. Para empezar, na Coruña hai paisaxes pictóricas e fotografías exipcias. En Pontevedra a Sala Caixanova acolle dúas novas mostras dende as paisaxes en movemento, por Álex Vázquez, ata a mestura do público e do privado. E pola súa banda, en Lugo, o Museo Provincial acolle unha retrospectiva da obra de Xesús Corredoira. Unha oferta variada, para todos os gustos.

A Coruña







A cidade herculina acolle estes días novas exposcións en moitas das súas galerías. Para empezar Antón Abreu expón, dende onte, unha retrospectiva dos seus corenta anos de producción artística. Unha evolución que recolle a súa obra dende o muralismo mexicano, o postimpresionismo. Pola súa parte, Manú Codornié expón 400 fotografías da súa última viaxe por Exipto. Completando o panorama expositivo está Sonia Omil que acaba de abrir a mostra da galería Súper Arte cunnha colección de 14 obras, sobre o efecto que produce o mar, a area, a terra na súa traxectoria.













Lugo e Ferrol




O Museo Provincial de Lugo acolle dende onte unha revisión da obra do pintor lucense Xesús Corredoyra (1889-1939). Unha mostra que exhibe a obra deste home, considerado promotor da Escola Galega, e que ofrece na súa obra plástica unha visión escura de Galicia. Pola súa banda, a galería Sargadelos de Ferrol presenta, a partires de mañá, a obra do lucense García-Gesto; unha obra que na que pretende expresar dun xeito suxerente o universo e a intimidade cotiá.














E en Pontevedra


Pola súa banda, o centro Caixanova da cidade do Lérez presenta dúas novas exposicións. Na sala Gago de Mendoza, Olga Martínez mestura o público e o privado. Un percorrido en 37 obras nas que afondará en consideracións do mundo íntimo e persoal. Poo demais, na sala de Caixanova, o pintor Álex Vázquez acolle "Impresións", o seu último traballo, instantáneas impresas nas paisaxes dende a ventanilla. Corenta lenzos referidos a unha paisaxe aberta, informalista e con poucas referencias concretas.