O aproveitamento das infraestruturas culturais é unha cuestión complexa. En Pontevedra, por exemplo, o Pazo da Cultura atópase na actualidade cunha programación de mÃnimos, logo de que Caixanova retirase deste espazo as actuacións que xestiona e aÃnda non aparecesen alternativas para o empregar. Agora, xorden as preguntas sobre qué utilidade lle dar a este equipamento.
Hai xa dez anos inaugurábase en Pontevedra o Pazo da Cultura. Esta instalación pretendÃa resolver a ausencia de grandes salas para eventos culturais na cidade do Lérez. Un auditorio de case mil prazas, aulas, salas de exposicións e infraestruturas axeitadas para acoller un bo número de asistentes puñan os prometedores cimentos dunha futura actividade cultural. Realmente, desde aquela o espazo acolleu un bo feixe de propostas. Os Salóns do Libro Infantil e Xuvenil, óperas, concertos, cursos, obradoiros, homenaxes, exposiciónsÂ… Claro que unha grande parte dos actos que se desenvolvÃan neste espazo eran parte da programación que Caixanova achegaba á cidade.
A mudanza
Coa inauguración en 2006 do Centro Caixanova na cidade, cun auditorio de aÃnda maior capacidade, a maior parte da programación desta entidade foi, como era de agardar, para esa nova localización. Isto provocou un descenso acusado na actividade do Pazo da Cultura: “O feito de que Caixanova teña a súa propia sede significou mudanzas”, recoñece a actual concelleira de Cultura da cidade, Montse Dopico. A situación de precariedade deste espazo chegou este mes de setembro a diferentes medios locais, que denunciaron a falta de propostas para a infraestrutura. Na actualidade, o espazo encara a temporada de outono cunha programación ata decembro na que só están previstos tres concertos do ciclo “Con voz propia”, organizado polo Concello co apoio de Caixa Galicia e a celebración da XIX Semana Galega da Educación. A isto sumarase en breve unha nova edición do concerto “Cantos na maré”. Isto contrasta cos dez actos que atopamos só no mes decembro do pasado ano, entre os que houbo seis concertos. En total foron 14 os eventos só musicais en outono de 2006, aos que se poden sumar obradoiros, conferencias, proxeccións e unha intensa actividade teatral que contrasta coa escaseza deste ano.
A aposta
“O camiño que ten que emprender o Pazo é cara a unha certa diferenciación fronte a outras programacións que hai na cidade. Non ten moito sentido solapar eventos” explica Dopico. A adiantar as liñas que terá no futuro o Pazo, sinala que “será unha programación que poña en relación diferentes cousas que xa se fan na cidade. Pontevedra ten unha posición estratéxica en torno á arte, á moda ou aos medios audiovisuais, e conta cun público novo vencellado á cidade e mais á universidade”, explica. Canda a esta busca de novos públicos, en Cultura teñen clara a continuidade de determinados eventos no marco do Pazo. “Hai unha programación cultural cunha identidade moi marcada, coma Cantos na Maré ou o Salón do Libro, e continuarase con esa liña de programas propios”, explica.
O contexto feiral
O feito de que o Pazo da Cultura compón, co seu anexo Recinto Feiral, o Pazo de Congresos de Pontevedra facilita completar o seu programa con eventos de carácter non estritamente cultural. “O Pazo é un organismo complexo. Hai unha serie de espazos que se poden compartir, e iso non se pode ver como unha desvantaxe”, explica Dopico. Congresos e eventos feirais temáticos, non necesariamente culturais, preséntanse como unha alternativa destacada para garantir a utilidade do recinto. Neste sentido, o Recinto Feiral acolleu recentemente a celebración da pasarela Pontus Veteris ou, a pasada primavera, o Cultur.gal. De calquera xeito, a escasa utilización tamén neste sentido foi recoñecida polo propio concelleiro de Promoción Económica, Antón Louro, quen salientou que en todo o ano só se celebran “tres ou catro eventos” de importancia.
Infraestrutuas
Para alén, Louro apuntou a existencia de problemas estruturais nesta parte do complexo, coma a acústica e a ausencia dunha climatización axeitada, que ao seu ver deben ser solucionados para buscar alternativas ao espazo. A busca de eventos especializados que aproveiten ao máximo as posibilidades destes recintos é para este concelleiro unha saÃda imprescindible. As eivas estruturais non son unicamente un problema feiral. Segundo recoñece a concelleira pontevedresa de Cultura, tamén o Pazo terá que se enfrontar en breve a reformas. “Estamos a facer a análise do espazo, vendo a situación na que estaba. Pedimos informes sobre a funcionalidade da propia sala ou o estado da climatización”. Este último factor, canda a iluminación, desempeña unha importancia vital de cara a que o espazo poida acoller determinadas exposicións. A insonorización de determinados espazos é outro dos retos para o pazo. “Neste momento estamos no proceso de elaborar os informes técnicos, agardamos que para o vindeiro ano esteamos en disposición de ver as novidades”, adianta a concelleira.
Caer nas redes
No noso paÃs non é o Pazo da Cultura o único espazo no que son entidades bancarias as que cobren a maior parte do programa. Deste xeito, temos un exemplo no convenio polo que Caixanova achegaba a súa programación ao teatro Jofre de Ferrol, en xaneiro de 2006. Non moito tempo despois, Caixa Galicia gañaba o concurso para xestionar o coruñés Teatro Colón. En moitas vilas, é a Rede de Teatros e Auditorios do IGAEM, ou as actividades das diferentes deputacións provinciais, nomeadamente a da Coruña, coa súa Rede Cultural, as que achegan o groso das programacións a estes espazos. Segundo apunta desde Pontevedra Montse Dopico, “Isto beneficia moito os espazos culturais. Sen estas redes non se concibirÃa ter acceso a unha programación de calidade e en cantidade en moitos lugares. Non é tanto depender delas como as oportunidades que achega acceder a elas”. A cuestión será procurar que non haxa unha excesiva dependencia, e non perder de vista a necesidade de contar con alternativas.