Foi canteiro, soldado e mesmo xeneral; liderou o chamado “Batallón galego” do 5º Rexemento na contenda da Guerra Civil Española. Para algúns foi un heroe, para outros un vilán, pero o certo é que a súa figura nunca pasou desapercibida. Mesmo houbo varios cómics que narraron os seus avatares. Agora, Margarita Ledo recupera a súa historia en “Liste, pronunciado LÃster”, o seu segundo documental.
“Claro que son estranxeiro, son galego” presumÃa Enrique LÃster cando lle preguntou Hemingway se era ruso, tal e como difundÃan as engraxadas maquinarias propagandÃsticas do réxime franquista. Formaba parte da lenda que se forxou arredor deste singular home co que Margarita Ledo recupera parte da historia do século XX. “Articulei persoas de hoxe (actores e non actores) que se enfrontaran cos materiais e con esta personaxe. É un percorrido que trae consigo o que cada quen ve no século que se formou LÃster” explica a directora.
Liste, o home
Na presentación de “Santa Liberdade” no Teatro Principal, LuÃs González Tosar comentoulle a Margarita a necesidade de facer un filme sobre LÃster. Sen embargo, non foi nese momento cando se pon mans á obra senón dous meses máis tarde, cando un fillo de LÃster lle achega o material familiar que comeza a chamar a atención da directora. Comeza asà a descubrir un LÃster diferente dos tópicos que amosaba a prensa. Malia a imaxe de rudo e tosco, debúxase a dun fillo que volve da Habana coa intención de vingar o ferreiro do lugar que lle deu unha malleira á súa nai, de aquel rapaz que se fai comunista con 19 anos e, como a propia Margarita di “ten unha fortÃsima crenza no home novo”.
LÃster era un personaxe cunha rÃxida personalidade que desenvolveu en moitÃsimas frontes e en diferentes lugares. É por iso, que Margarita Ledo foi a primeira sorprendida cando comezou a tirar por cada fÃo e descubrÃa cada vez máis e máis material de moi diferente natureza: cómics, imaxes, vÃdeosÂ…. “Hai cómics porque Vittorio Giardino e Antonio Palacios, dous debuxantes contemporáneos mesmo teñen feito historietas baseados na súa propia historia; hai moitÃsimas páxinas de prensa sobre “o miliciano galego” porque Lister era sobre todo unha personaxe mediática". Tiña un retratista oficial que lle tiraba as fotos, un escultor que fixo bustos del, unha banda de música que o acompañou ata o campo de concentración e que mesmo partiu con el a México no seu exilio.
LÃster, a figura
Despois dun proceso de fonda documentación Margarita Ledo considera que “a través del pódese seguir un século de confrontación moi radical”. En parte porque a súa traxectoria vital, que nos leva desde Cuba ata Rusia pasando por Galicia recolle dous dos movementos sociais destacados: a emigración e o exilio trala Guerra Civil. Pertence a unha familia de emigración a Cuba desde o século XIX, alà estuda no Centro Galego á vez que traballa como canteiro, profesión familiar, e onde fai parte do sindicato deste oficio.
Regresou en 1925, cando tentou revitalizar o Sindicato de Oficios Varios de Teo-Ames, unha actividade que o levou enfrontamentos coa Garda Civil e mesmo a ser detido. A principios de 1927 volve á Habana onde ingresa no Partido Comunista de Cuba, polo que se terá que exiliar a Nova York, onde non chegará nin a entrar, e vira rumbo á Coruña. Despois dunha estadÃa na cadea, faise militante activo do Partido Comunista de España (PCE) do que foi seleccionado como delegado no cuarto congreso. Un grave incidente cos integrantes dun sindicato de Ames provou que o partido lle recomendase á súa marcha á Unión Soviétiva, onde traballou como barreneiro no metro de Moscova. Pouco tempo despois volve a Madrid cun pasaporte falso para ocuparse do traballo antimilitarista e de instrucción das milicias obreiras e campesiñas.
Co inicio da Guerra Civil, incorpórase ás Milicias Populares como simple soldado pero rapidamente pasa a ser cabo, tenente, comandante e finalmente, xeneral. Estivo á fronte do famoso V Rexemento que agrupou a uns 70.000 homes nos seus cinco meses de existencia.
Abandonou España en 1939, momento no que comezou un longo exilio que o levou, principalmente á Unión Soviética. Loita co exército soviético na Segunda Guerra Mundial, traballa na organización do movimento guerrilleiro e antimilitarista no seo do Partido Comunista e, xa de volta, funda en 1973 o Partido Comunista Obreiro Español. “A nosa guerra”, “Basta!” e “Memorias dun loitador” son algúns dos tÃtulos das obras que escribiu e nos que recolle a súa experiencia vital.