Iremos "de bares"; coñeceremos a historia dun soldado que participou tanto na construción do capitorio da Habana como nas obras do Metro de Moscú; viviremos unha peculiar reconstrución do clásico de Cervantes, "Don Quixote"; sufriremos unha crise carnívora e "deixarémonos caer" co terror "na zona". Así se presenta a carteleira cinematográfica galega nos vindeiros meses.
Coa volta ao curso e despois do parón de verán, máis relaxado para as carteleiras cinematográficas, as produtoras afrontan setembro ultimando as datas de estrea. Preto de quince longametraxes de diferentes xéneros compartirán mesa e mantel coas últimas películas de Woody Allen ("O soño de Casandra"), Iciar Bollain ("Mataharis), Kenneth Branagh (cun remake da obra mestra de Mankiewicz "A pegada"), entre moitos outros. Moitas historias propias, principalmente en formato documental, e un apoio decidido pola animación marcan as vindeiras estreas galegas.
As nosas historias
As primeiras estreas achegan realidades moi próximas ao imaxinario cultural galego. Como as de Martiño, un mozo que quere seguir a tradición do seu pais, vivir da agricultura e da gandeiría, pero terá que enfrontarse aos seus irmáns, que se queren desfacer das terras e vender Pradolongo, un prado na alta montaña na que están interesadas varias empresas de explotación de pizarra. "Pradolongo" é o último filme de ficción de Ignacio Vilar (Vía Lactea Films) que está rodado entre Ourense e Zamora pero, aquí a diferencia, a rodaxe será en galego atendendo as características idiomáticas de cada zona. Canda este proxecto, Voz Audiovisual ten prevista a estrea de "O menor dos males", unha produción cen por cen galega (un rara avis dentro deste mundo da coprodución) na que contará a historia de Eduardo, un home de mediana idade que se dedica á política que vai visitar a Julia, a súa irmá que vive na casa familiar en Galicia. Unha visita que non será un mero reencontro. Voz tamén ten rematada, prevista de estrea por motivos estratéxicos da produtora, segundo destacan desde o gabinete de prensa, "De Bares". Trátase da segunda longametraxe de Mario Iglesias, unha viaxe polas caras máis ocultas da natureza humana até chegar de novo á natureza do propio protagonista. Por último, Continental garda tamén na recámara Abrígate, de Ramón Costafreda, que conta a historia de Valeria, unha rapariga arxentina descendente de galegos, trasládase a vivir a unha vila da provincia da Coruña para reencontrarse coas súas orixes e consigo mesma. Un filme que está rodado en galego e castelán, como recurso dramático, xa que respecta o idioma natural dos personaxes.
No eido do documental, Margarita Ledo recupera na súa segunda incursión cinematográfica a historia de Enrique Líster. Un militante comunista que loitou durante a Guerra Civil Española e que ten unha curiosa historia digna de ser contada e que recuperarán, entre outros, Miguel A. Cabana, Carme Cabaneiro, Markus Döhne, Luis González López, Ferreiro, Eduardo Liste, ou Ricard Salvat. De documental vai tamén "O novo Endem" (Saga TV) que toma o nome dun barco pesqueiro do que se serviron dezaoito mariñeiros de O Grove para fuxir da Guerra Civil nunha travesía que duraría trinta anos ata rematar na outra beira do Atlántico. Sobre documental van tamén as últimas producións de IB Cinema A nosa terrra que recupera a historia do xornal homónimo que cumpre este decembro cen anos.
Un mundo terrorífico
Esta é a liña abandeirada por Vaca Films que, malia súa xuventude, conta cunha traxectoria sólida. A zona, mellor ópera prima no Festival de Cine de Venecia e Déixate caer son as coproducións nas que participou esta empresa coruñesa que están pendentes de pechar acordos de distribución para a súa exhibición. Canda a estes, Vaca Films ultima o thriller dramático Retornos que conta o reencontro de Álvaro co seu pasado dez anos despois de ter marchado da súa vila. Neste xénero tamén fará a súa incursión Filmanova con Dos, un thriller dirixido polo experimentado realizador televisivo Guillermo Groyzard en torno á clonación humana protagonizado por Adriá Collado (coñecido pola súa participación na serie televisiva Aquí no hay quien viva), Lucía Jiménez (Los dos lados de la cama) e José Mª Pou.
A animación
"A crise carnívora", "Donkey Xote" e "Nocturna" son os títulos das vindeiras producións de animación. A primera está abandeirada por Continental e, malia que está rematada, aínda está pendente de data para estrea. Unha corrosiva historia coral na que uns animais que se alimentan de mortos téñense que volver vetexarianos ante a escaseza de sustento por mor dunha rede de tráfico de cadáveres. Para un público infantil prepara Fílmax a través da súa división de animación a súa campaña de nadal. Dúas produccións para unha época forte de público infantil: dunha banda, "Nocturna" unha atractiva proposta para todos aqueles seres e criaturas que se alimentan dos soños; da outra, o seu prato forte "Donkey Xote". Unha particular versión do clásico de Cervantes para o que a compañía de Julio Fernández non escatimou esforzos. Preto de tres anos de traballo e máis de trece millóns de euros converten a este filme na gran produción europea de animación que aparece para competir directamente coas estreas de Nadal de factorías como Píxar ou Disney.
No campo da animación en plastilina, destaca O ataque dos kriters asasinos nos que IB Cinema pon a Luisa nunha difícil disxuntiva ante a inminente visita da súa sogra: limpar a casa ou ver unha maratón da súa serie favorita. Un decisión con catastróficas consecuencias que poderemos ver nos vindeiros meses.
Para rematar a temporada de estreas, Filmanova agarda con Os totenwackers, película protagonizada por Geraldine Chaplin e Natalia Sanchez, segundo proxecto cinematográfico de Arcadia Motion Pictures e que pretende ser a primeira película española ao estilo Harry Potter. Moitos decorados e vestiario específico para este filme pensado para un proxecto cargados de rostros televisivos españois, como os de Elisa Drabben, Azzdine Bennaji, Natalia Sánchez, e o inglés Jasper Harris, unidos a veteráns da talla de Geraldine Chaplin e Celso Bugallo.