A globalización constructiva no "II Encontro Internacional de Arquitectura"

Arquitectura e modernismo

A Coruña acollerá, dende mañá ata o venres, a celebración dos "II Encontros Internacionais de Arquitectura". Durante tres días, 15 arquitectos de cinco países entablarán un foro de debate sobre os efectos da globalización na cultura arquitectónica. E por outra banda, A Fundación Ferrol Metrópoli acaba de propoñer que a cidade departamental se inclúa na "Ruta Europea do Modernismo".


Participantes e cometido do congreso



Os" II Encontros Internacionais de Arquitectura" que comezarán mañá poñerán de manifesto a pervivencia de elementos culturais e símbolos constructivos identificadores dunha cultura concreta. Uns iconos presentes no noso tempo e que están evolucionando por mor da diversidade estructural e os conflictos tipolóxicos e funcionais. Neste foro, no que teñen confirmado a súa presencia os arquitectos brasileiros Ruth Verde Zein, Angelo Bucci e Milton Braga; xunto ós arxentinos Gerardo Caballero, Marcelo Villafañe; os portugueses Nuno Portas, José M. Soares e Gonçalo Byrne e os españoles Manuel de las Casas, Josep Quetglas, Vicens e Ramos en Mansilla e Tuñón.













Modernismo ferrolano




Barcelona, Glasgow, Lisboa, Budapest, París, Palma de Mallorca, La Habana, Rosario... teñen en común ter na súas construccións vestixios modernistas, ademais de formar parte da Ruta do Modernismo. Un círculo ó que agora a se acaba de incluír á cidade Ferrolana, por iniciativa da Fundación Ferrol Metrópoli. A documentación escrita e fotográfica dos edificios que Rodolfo Ucha proxectou e construíu en Ferrol que remitiu esta asociación foron determinantes para incluír a cidade dentro desta ruta. Unha adhesión que pretende incentivar o intercambio entre os distintos movementos relacionados co modernismo.