Está en plena fase de recuperación para entrar no parlamento en setembro. A Lei Galega da Paisaxe pretende servir de base legal para protexer o noso espazo natural, que durante séculos contribuÃu a definirnos. Medidas legais, a creación dun observatorio como órgano colexiado de asesoramento son algunhas das figuras que contempla este texto que chegará ao Parlamento en outono.
“Coa Lei de Protección da Paisaxe queremos que as nosas paisaxes teñan recoñecemento xurÃdico; que se estudien en profundidade, se cataloguen e describan as paisaxes galegas cos seus valores, degradacións, ameazas e tendencias; queremos que todos aqueles plans, programas ou proxectos que deban someterse á avaliación estratéxica ambiental ou de impacto ambiental teñan en consideración a paisaxe” explica José Benito Reza, director xeral de Conservación da Natureza nun texto xenérico facilitado polo gabinete de prensa. Ao tempo anuncia o incremento da superficie destinada a espazo protexido, plans de acción de conservación e a creación dunhas directrices da paisaxe que sexan determinantes na ordenación do territorio. O borrador da Lei xa foi sometido a consulta do Consello Galego de Medio Ambiente (COGAMA) e rematou a fase de consulta a nivel institucional entre as distintas consellerÃas. Agora mesmo, o texto está a ser revisado en función das alegacións presentadas e o documento definitivo entrará no Parlamento no vindeiro mes de setembro.
O contexto
Albert Cortina, avogado especializado en temas ambientais, que formou parte tanto do comité que redactou a Lei Catalana como do que asesora á galega, asegura que “o obxecto da Lei é o recoñecemento xurÃdico, a protección, a ordenación e a xestión das paisaxes de Galicia co fin de preservar todos os elementos que o configuran no marco dun desenvolvemento sostible, entendendo que a paisaxe exerce unha función principal de interese xeneral nas distintas dimensións nas que se manifesta: ambiental, territorial, urbanÃstica, cultural, histórica, económica, estética e social”. Queda claro asà que a paisaxe non é un aspecto meramente ambiental senón que afecta transversalmente a outros ámbitos, tal e como figura do Convenio Europeo da Paisaxe aprobado polo Consello de Europa no 2000, que entrou en vigor no 2004 e que está pendente de ratificación polas Cortes Xerais.
Os principais aspectos
Como a lei catalana foi a primeira das dúas que hai no Estado (a segunda é a valenciana) Albert Cortina asegura que “marcou unha influencia inicial nos primeiros textos do Anteproxecto da Lei da paisaxe de Galicia. Non obstante, a idiosincrasia e caracterÃsticas propias de Galicia determinara o perfil diferencial que deberá ir adoptando ao longo do proceso de debate e aprobación o texto definitivo galego”. En todo caso, existen varios puntos diferenciados no texto galego. O primeiro é, en palabras de Alberto, o “recoñecemento xurÃdico da paisaxe como elemento importante do contorno, dos benestar individual e colectivo, indicador da calidade de vida das persoas e compoñente fundamental do patrimonio natural e cultural de Galicia, expresión da súa identidade”. Pero non só iso, a defensa e preservación das paisaxes galegas promovendo un uso racional e ordenado do territorio, que teña en conta os valores naturais e culturais das paisaxes. En terceiro lugar “a aplicación de polÃticas destinadas á protección, ordenación e xestión das paisaxes, integrando estas polÃticas na protección ambiental, a ordenación territorial e urbanÃstica, en materia cultural, turÃstica, agraria, social e económica”. Pero todo iso non serÃa posible sen o fomento da coordinación e a colaboración entre as distintas administracións públicas en materia de paisaxe dado o seu carácter transversal, asà como o establecemento de mecanismos de participación pública e privada na toma de decisións na definición das polÃticas de paisaxe que tamén contempla o propio texto.
O fomento da sensibilización da sociedade civil e de los axentes económicos no referente aos valores das paisaxes gallegas, da súa importancia e funcións, e dos procesos de transformación que se están producindo. Ademais, este avogado tamén considera a “promoción, estudo e a formación en materia de paisaxe”.
Observatorio galego da paisaxe
O organismo encargado de configurar as polÃticas na materia é o “Observatorio Galego da Paisaxe”. No proxecto do decreto facilitado pola ConsellarÃa de Medio Ambiente explica que se encarga da elaboración dos Catálogos e das Directrices da Paisaxe; a realización de estudios de carácter cientÃfico y técnico e o intercambio de experiencias a nivel formativo e informativo. Pola súa parte, Albert Cortina engade outras como “a asistencia ás entidades locais co fin de implementar as polÃticas de paisaxe na planificación urbanÃstica e territorial; o seguimento e participación en iniciativas de ámbito estatal, europeo e internacional en materia de paisaxe, o fomento da divulgación dos valores das paisaxes galegos, etc.".
O órgano representativo será o Consello rector que segundo o borrador do decreto ten unha ampla representación da administración e especialistas do sector que garante o cumprimento das súas funcións.