O CGAI edita un libro coas fotografías de Ramón Dimas sobre Galicia

A fotografía que veu de fóra

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Ramón Dimas, fotógrafo catalán, realizou en 1956 as fotografías para a guía de Galicia que realizara Carlos Martínez-Barbeito. Aínda que no seu momento pasaron desapercibidas, hoxe o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) recupéraas coma obras mestras da fotografía histórica sobre Galicia

Unha guía

Foi en 1956 cando CArlos Martínez-Barbeito comezou a realizar unha guía de Galicia para a que contaría co apoio gráfico de Ramón Dimas. Durante ese ano, Dimas percorreu unha grande parte de xeografía galega, recollendo imaxes de festas, feiras e vida cotiá. A publicación da guía causou no seu momento unha grande polémica porque na súa introducción o autor reocllía o alto número de fillos de solteira que había en Galicia por aquel entón.




Exposición e documentalismo

O pasado doce de xaneiro rematou na Igrexa da Universidade de SAntiago unha exposición sobre o fotógrafo que comprendía oitenta e tres fotografías sobre Galicia. As súas fotografías posúen un marcado carácter documental que recollen diferentes aspectos da vida cotiá e das festas. Técnicamente posúen unha grande simplicidade, empregando a luz naturla e sen teleobxectivos. A calidade das fotografíás sitúan a Dimas entre os principais documentalistas foráneos que retrataron a realidade galega, onda Ruth Matilda Anderson e Thurston Tomas.




Unha vida na foto

Ramón dimas comezou a súa carreira fotográfica como aprendiz do mestre Ramón Claret, retratista da Rambla de Santa Mónica. Logo dun tempo pasou ó estudio do mestre Permanyer, e axiña abriu un estudio propio en Barcelona. Pouco despois se iniciou no fotoxornalismo, realizando traballos para "Vida Deportiva" e "Destino", fundamentalmente cubrindo os desplazamentos do F.C. Barcelona. Morreu prematuramente en 1965.

Que che parece esta nova?
224 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, CGAI, Guía, Centro Galego das Artes da Imaxe...