Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, levaba meses avanzando o que despois concretou no mes de maio: Galicia contará coa Axencia Galega das industrias Culturais. Trátase dunha entidade que nace co obxectivo de impulsar e consolidar o tecido empresarial ao abeiro do sector cultural. O proxecto acaba de ser duramente contestado polo Partido Popular, que acusa de privatizar a cultura. Revisamos o anteproxecto para ver as claves da futura axencia.
En primeiro lugar, a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) chega para substituír ao IGAEM e convertese nunha entidade, na que pode entrar capital privado co obxectivo de impulsar o sector empresarial. En segundo lugar, o proxecto inspírase no Instituto das Industrias Culturais catalán, que leva funcionando desde o 2000 con bastante éxito.
Ademais, sería a primeira vez que unha entidade se encargaría de xeito aberto e manifesto de marcar a política cultural considerando a dimensión identitaria e a industrial.
Que é?
É unha entidade que crea por decreto a Consellaría de Cultura para impulsar o tecido empresarial do sector cultural galego. Unha entidade que coordinará as políticas desenvolvidas que afecten ao sector cultural. Isto non quere atinxir unicamente á cultura, senón tamén a outros departamentos do Executivo (Industria, Innovación, Traballo...) que desenvolvan políticas neste campo.
Agadic substitúe ao anterior modelo organizativo (o IGAEM) porque, segundo fai constar na exposición de motivos a restricción do campo de actuación do IGAEM ás artes escénicas e musicais son un límite á hora de desenvolver unha programación uniforme para o fomento das actividades artísticas e culturais no seu conxunto.
Cales son os seus fins?
Tendo en conta a definición de Agadic os seus fins e funcións pasan por impulsar a normalización do idioma e o desenvolvemento cultural do noso país nun contexto globalizador. Así, para establecer ao sector cultural en condicións de competitividade no mercado, este organismo concederá subvencións, fomentará a demanda, realizará investigacións e alentará iniciativas de desenvolvemento cultural (I+D+C), promoverá a distribución e comercialización dos produtos culturais e contribuirá á mellora da preparación e cualificación artística, entre outras medidas.
Como se organiza?
Segundo figura no anteproxecto de lei, a Agadic contaría con dous órganos de goberno. Dunha banda un director que será nomeado polo Consello da Xunta, previamente proposto pola consellaría de Cultura. Da outra está o consello de dirección que está composto polo director de Agadic, polo director xeral de Creación e Difusión Cultural, un representante da consellaría de Innovación e outro de Economía e Facenda (ambos con cargos de director xeral).
Canda eles existe un consello asesor que se encarga de informar todas as actividades da competencia deste organismo. Tanto a súa composición como o seu réxime de funcionamento virá establecido no Estatuto que estableza para esta entidade a consellaría competente. Unha cuestión diferente coa lei do Instituto das Industrias Culturais catalán, que xa precisa na lei a súa composición.
Control e seguimento
Á falta do seu Estatuto, que deberá explicitar as formas de control das súas competencias perante o Parlamento, o anteproxecto de lei establece que o control económico lle corresponde tanto ao Consello de Contas como á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.
En todo caso, Agadic aínda é un anteproxecto que ten que pasar por numerosas fases antes de chegar ao Parlamento do que pode saír, no caso de aprobarse, con substanciosas diferenzas. Un procedemento difícil no que quedan moitos interrogantes abertos, como se incluirá competencias en materias de audiovisual e se será posible integrar a todos os departamentos do actual Executivo.