A pintura de Tono en Lugo e traballos humorísticos en Fene, novas propostas

Últimas exposicións

| Santiago.Redaccion | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Os cadros xeométricos de Antonio Galán "Tono" expóñense desde hoxe na biblioteca de Lugo, e a Cervexería Cardebelle acolle os traballos que gañaron a última edición dos Premios Curuxa que outorga o Museo do Humor de Fene.

Xeometría


O pintor coruñés Antonio Galán, máis coñecido coma "Tono", achega a biblioteca de Lugo unha serie de cadros que empregan as formas xeométricas coma linguaxe coa que representa realidade complexas. Sen caer na abstracción, a través destas formas pódense ver persoas e elementos da vida cotiá. As técnicas que emprega son do máis variado e van desde colaxes a óleos e obras de técnicas mixtas.




Humor

Os traballos que resultaron premiado na última edición do Premio Curuxa, que convoca o Museo do Humor de Fene. Entre os traballos que se expoñen están os da alemana Marlene Pohle, que venceu no apartado gráfico, ou o de Breogán Ribeiro, que se fixo co premio da sección literaria. A revista DDT, coa Curuxa ós medios, Claudio González ou Xaquín Marín foron outros dos premiados. Está en marcha a edición 2001 deste premio, para o que xa se poden enviar traballos. No ano 2000 non se realizou este certame debido ás obras que estiveron a realizar na sede do Museo.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, Lugo, Exposicións, Museo do Humor de Fene...