Son tres proxectos diferentes pero que coinciden na forma e no fondo: catalogar, dixitalizar e subir á rede o patrimonio documental histórico. Dunha banda, o Consorcio de Santiago co seu Proxecto Urbe, doutra os protocolos notariais do Arquivo da Catedral e, o máis recente, o anuncio da recuperación do arquivo medieval da catedral de Ourense. A recuperación do patrimonio documental está de moda.
Recuperar os documentos históricos, transcribilos e dixitalizalos pode ter moitas aplicacións. Non só para os propios historiadores senón para moitos outros especialistas de diferentes áreas. Por exemplo, con este material poderánse facer estudos de historia económica das cidades, ver a evolución do dereito, do idioma empregado ou mesmo para coñecer o que mudou unha casa despois de facer múltiples reformas. Isto, unido ao abaratamento dos equipos para a dixitalización fixo que nos últimos tempos se prodigasen as iniciativas que recuperan unha parte importante da nosa historia. Tecnicamente non é caro, pero precÃsanse expertos en linguaxe documental que coñezan estes documentos, saiban transcribilos e manipulalos. Ademais, tendo en conta a dimensión dos arquivos é un proceso lento que pode levar anos.
Proxecto Urbe
O Consorcio de Santiago presentou o pasado 5 de xullo o “Proxecto Urbe”, un macroprograma que pretende recuperar documentos relacionados coa historia de Santiago co obxectivo de reunir nunha única plataforma toda a información da cidade. Fernando López Alsina, alma máter e director da iniciativa, explica que “nos vindeiros catro anos o Consorcio pretenderá identificar, organizar e dixitalizar os materiais que atesouran diferentes arquivos e agrupalos baixo un programa informático”. Un ambicioso proxecto que pasa por unha primeira fase de identificación dos materiais máis relevantes e significativos. Neste primeiro estadio, Fernando López explica que “se comezará polas catro notarÃas do Concello e do Cabido e dos escribáns do Hospital Real, para pasar despois aos libros de acordos do Concello e do Cabido”. Uns documentos que se atopan no Arquivo Histórico Universitario que xa ten dixitalizado boa parte do seu material, no Arquivo da Catedral e, en menor medida, no Arquivo Histórico Diocesano.
En todo caso, o director do proxecto deixa moi claro que “o Consorcio non se entrometerá no sistema de catalogación de cada unha destas entidades, o que fará será potenciar a dinámica destes centros respectando sempre os seus criterios de elaboración documental”. Unha vez que esta fase de dixitalización estea finalizada o seguinte estadio será o de elaborar un portal web que permita visualizar a listaxe de todos os documentos e consultados, con ligazóns aos diferentes arquivos que lle permita consultar o material desde todas as partes do mundo.
En total, destinaranse 480.000 euros repartidos en catro anualidades que permitirán evitar que se perden ou estraguen documentos que serven para recuperar a historia da cidade.
O arquivo de Santiago
López Alsina asegura que “foi unha feliz coincidencia que a Fundación Barrié aceptara a proposta de comezar a catalogar os 270 libros notariais que hai no Arquivo da Catedral, que é unha parte do proxecto Urbe”. Efectivamente, o Arquivo da Catedral de Santiago leva anos traballando na recuperación, transcrición e dixitalización dos seus fondos, grazas á achega económica facilitada pola Fundación Barrié. O proxecto de catalogación desta documentación está coordinado por MarÃa Seijas e abarca as escrituras notariais de Santiago entre os anos 1430 e 1617. Ademais, tamén supuxo a restauración de documentos que estaban en mal estado de conservación e que forman parte deste corpus documental de gran alcance cronolóxico, temático e social. O proxecto culminará coa súa edición pola Fundación Barrié en CD-ROM e a súa difusión a través de Internet.
E o arquivo de Ourense
Por último, non en importancia senón no tempo, a catedral de Ourense comezará a dixitalización do seu arquivo medieval. Unha nova importante porque fai parte do plan “Fuentes e Estudos da Historia Leonesa”, un proxecto que conta xa con cen volumes e é un dos grandes centros de investigación do mundo. O arquivo medieval de Ourense conta cunha extensa produción de escritos que xerou no seu momento a propia institución catedralicia, pero non se queda niso, senón que conta con documentos medievais dos mosteiros ourensás, cistercienses e benedictinos (que non eran poucos: Celanova, Oseira, Santo Estevo ou Melón) que se salvaron da desamortización.
En total transcribiranse documentos que van desde o 1300 ata o 1920 que ocupará uns vinte tomos na primeira edición. O primeiro é o único que ten data e estará listo para o 2008. Os encargados de acometer este titánico traballo son Beatriz Vaquero e Francisco Javier Pérez, dous profesores da Universidade de Vigo.