Despois de ver como se representaba a cultura galega nas grandes superficies comerciais, quixemos ver o modelo de negocio das empresas do paÃs. Torga en Ourense, Sargadelos na Coruña e Couceiro en Santiago representan tres tipos de traballo que comparten como caracterÃstica común unha aposta decidida pola cultura galega.
Teñen entre os 90 metros cadrados de Torga en Ourense e os 400 da futura librarÃa que Couceiro pretende abrir na compostelá praza Cervantes (posiblemente neste mes de xullo pero sen data concreta); unha única tenda como sustento do negocio e un número de clientes potenciais máis reducidos que o das grandes superficies comerciais. Sen embargo, tanto Torga, como Couceiro ou Sargadelos resisten ao embiste das grandes superficies cun proxecto cultural sólido, perpetuado no tempo e feito con moito cariño e dedicación. Entre as súas similitudes está a defensa do libro galego feita case desde a militancia, contan con actividades relacionadas coa cultura do paÃs, miden a rendibilidade non en termos estrictamente económicos, cunha atención esmerada e coidada ao público que ten nomes propios (Xavier en Torga, Pablo en Couceiro e Yolanda en Sargadelos) e unha dedicación que trascende con creces o horario laboral. Son, como chega a asegurar o propietario de Torga, “fabiñas contadas”.
Torga, a librarÃa que tece rede
Xavier Paz é a alma máter de Torga. “Abrimos hai doce anos e seguimos coa mesma filosofÃa, é dicir, especializados en libro galego e portugués, cun 70% de libro galego e un 30% libro español de narrativa e ensaio”. Canda isto, Torga conta cunha amplÃsima e detallada sección de revistas que “non nos dá un can pero como hai moito colectivo por detrás destas publicación sempre contribúes con elas para tecer rede” asegura Xavier Paz. Malia o pequeno espazo co que conta esta librarÃa, uns 90 metros cadrados, conta tamén cunha pequena pero substanciosa sección de discos. “Non son máis de 150 referencias, pero é unha funciona que, ao contrario do que acontece coas revistas, funciona moi ben” comenta Xavier que asegura terse sorprendido do ben que funciona. “Son moi poucos discos, seleccionados por min, pero nun negocio destas caracterÃsticas funciona moi ben”. O exemplo máis paradigmático foi “Cantigas de Nadal”, un disco que editou Boa hai cinco anos para e Torga foi “o segundo punto de venda despois de El Corte Inglés”. Isto supón unha venda de aproximadamente cen discos en medio. “Unhas cifras que só se conseguen con dous ou tres grupos, como pode ser Marful ou Lamatumbá”.
“Eu o que fago moito é buscar cousas novas, manexo bastante información a través da rede. Estou moi atento ás cousas que van saÃndo que non están nos circuÃtos comerciais tradicionais. Asà traio a Torga, por exemplo, a autoedición discográfica que fan tres músicos de FerrolÂ… Todo aquelo que se sae da canle habitual”. Esta caracterÃstica de Xavier convérteo nun libreiro moi especial, que coñece os fondos que vende, e está atendo ao seu público.
Ademais, Torga é, pese ao seu espazo reducido, un local de actividade cultural. “Nunha ocasión mesmo chegamos a baleirar a librarÃa completa para unha instalación das Redes Escarlata”. Non sempre é asÃ, presentacións, recitais, contacontos son algunhas das actividades que se organizan neste espazo do que o propio Xavier asegura non encargarse de casa nada. “Torga é un lugar tan referenciado que eu case non programa nada, a xente vén para propor cousas aquÃ. Eu só busco cousas cando detecto que existe algún actor local que pode resulta interesante e do que non se acostuma a falar”.
Sargadelos na Coruña, a actividade constante
“Como ben é sabido as galerÃas sargadelos contan con dous espazos básicos. Un para a venda e outro para a actividade cultural que muda en espazo de exposicións, presentacións de libros, recitais, charlas, performances e pequenos exemplos da efervescencia cultural” resume Yolanda Castaño. A poeta é a directora da sala que ten Sargadelos na cidade herculina. Na súa parte de vendas, ademais da propia cerámica de Sargadelos, ten un espazo reducido para librarÃa onde hai unha grande representatividade para a cultura galega”. Yolanda explica que “temos unha presenza importante dos libros publicados polo Castro (editora que fai parte do complexo Sargadelos) pero hainos tamén doutras librarÃas”.
Como sala cultural Yolanda explica os dous enfoques. “Tanto servimos de plataforma a quen queira solicitar a sala como parte de nós o seu contido. Nós estamos en contacto coa cidadanÃa, tanto na cidade como no paÃs e para as editoriais que queren solicitar a sala. É no que se basa boa parte da nosa dinámica. Parte de nós, outra boa parte da actividade da programación cultural estable creando iniciativas cÃclicas que se repiten ao longo do tempo, capaces de crear un público propio”. Toda esa vida cultural concrétase de dúas maneiras, dunha banda os que responden a datas fixadas no calendario, e outros que son máis libres e espontáneos. Entre os primeiros están os “martes literarios”, nos que cada quince dÃas un autor ou autora le parte da súa obra e establece un coloquio co público. Ademais, cada venres prodúcese un “venres de lecer” que, en palabras de Yolanda Castaño, “son propostas amenas, menos estrictas e desolemnizadoras do centro cultural, queremos organizar experiencias menos serias e solemnes e máis relacionadas con certo elemento escénico, coa música e temos organizado tamén performaces poéticas”. O cometido é que sempre haxa actividade que sexa variada e, sobre todo orixinal. “Gústanos concederlle un protagonismo aos artistas e aos axentes culturais pero non nos pechamos a ningunha actividade” asegura Yolanda.
Como Sargadelos non ten unha tenda única, Yolanda explica que “cada galerÃa ten a súa propia dirección pero existe a posibilidade de coordinación entre salas. Houbo experiencias conxuntas, se nos temos coordinado para algún ámbito cultural que foi enviado outra galerÃa, por poñer un exemplo, a presentación de “Edicións transhumantes”.
Couceiro, dinamizando Cervantes
Ao longo deste mes de xullo, “se se demostra que este apóstolo é tan milagreiro” bromea Pablo Couceiro, abrirá ao público en Cervantes, unha renovada librarÃa Couceiro. “Comezamos dedicando o noso produto ao libro galego e portugués, pero a aparición doutras librarÃas especializadas en libro portugués e a maior dispoñibilidade da xente de ir ata Portugal, que temos tan próximo, fixo que decidiramos mudar ese libro portugués polo turismo”. E esta nova orientación conta tamén cun novo espazo fÃsico. Pecharon as dúas sedes que tiñan en República Arxentina e na Rúa do Hórreo para abrir un local de seis plantas (uns 400 metros cadrados) no corazón da zona vella, en Cervantes. Cada anda deste edificio estará especializado nunha temática. O soto para público infantil e almacén, o baixo para turismo e castelán, o primeiro exclusivamente o libro galego, no segundo de actos e libro antigo, o terceiro libro de ocasión e o cuarto taller de encadernación e o rocho no que van as oficinas.
Un espazo que pretende resultar agarimoso ao público, cunha disposición do mobiliario lixeira que, segundo Pablo Couceiro “perdemos no número de libros que presentamos, pero gañamos axilidade no propio espazo expositivo”. O novo modelo de Couceiro pretende achegarse ao concepto dun centro cultural ao que a xente asista, con rede wifi de balde, con mesas para poder pousar e consultar os exemplares e no que, “aÃnda que non merquen o primeiro dÃa, sintan este como un espazo próximo e na seguinte visita si fagan unha compra”.
Couceiro continuará coas súas actividades culturais de presentación de libros, contacontos e actos que convertan o seu espazo nun centro dinámico dentro da zona vella e, canda el, chega o “obradoiro de restauración”. Pablo explica que “a idea é que como nós temos libro antigo, a xente vexa como é o proceso de recuperación”. Pero vai máis alá, “ tamén pensamos que a xente poderÃa aproveitar este taller para personalizar os libros que queira regalar. É dicir, poñerlle unha tapa nova, encadernado de pel e cousas asà que lle concedan ao libro un valor engadido”.
Son modelos diferentes, pero exemplos claros da defensa da cultura galega a través da venda e a promoción dos seus produtos culturais.