A Fundación Barrié presenta a evolución da arte románica

Estilo románico

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

De ámbolos dous lados do Miño existen abondosas mostras arquitéctónicas, escultóricas e escritas da arte románica. Por este motivo a Fundación Barrié acolle do 21 de febreiro ó 20 de maio unha exposición na que ilustra con 60 mostras e 200 fotografías a evolución e a pervivencia do románico tanto en Galicia como en Portugal.

Acordos

Catedrales, museos, institutos, monasterios... así ata un total de 36 edificios ceden durante un mes algunhas das súas obras á Fundación Barrié con motivo dunha exposición sobre o Románico. Unha mostra que pretende destacar o inicio, evolución e pervivencia actual do románico en Galicia e Portugal. A mostra é o resultado dun acordo de colaboración entre a Fundación Barrié e a Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa, en virtude da que ofrecen sesenta mostras e 200 fotografías, cen que ilustran o románico en Galicia, e as outras cen en Portugal.





Diferente evolución


A situación e a evolución do románico non foi semellante en Galicia e en Portugal. En Galicia o románico chegou nunha das etapas máis esplendorosas, en pleno culto ó Apóstolo Santiago, que converte a cidade de Compostela nun lugar de peregrinacións, sendo a Catedral de Santiago o mellor exemplo do románico pleno. Pola súa parte, en Portugal o pleno acomodo do románico ten lugar no século XII, no mesmo momento no que se independiza do reino de León. Ademais, pola proximidade entre Galicia e Portugal existíu sempre un trasvase de artistas, de mestres e de figuras que en contextos arquitectónicos diferentes dan lugar a unha evolución desigual. Unha disparidade que agora presenta a Fundación Barrié e a Fundación Calouste Gulbekian de Lisboa.




Itinerancia

A exposición que o vindeiro mércores 21 se presenta na Fundación Barrié tamén percorrerá outras cidades. Deste xeito, estará no Museo de Pontevedra do 31 de maio ó 24 de xuño, na Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa do 10 de xullo ó 9 de setembro e na Cámara Municipal Matosinhos en Oporto do 25 de setembro ó 28 de outubro.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Portugal, Miño, Catedral...