Dicir que En Pé de Pedra é un festival de danza ao aire libre que transcorreu a fin de semana de San Xoán en Compostela é sinxelo. O complicado é explicar polo miúdo as experiencias artÃsticas que se desenvolven no evento. Para que te poidas facer unha idea aproximada, achegámoste unha galerÃa fotográfica que recolle os mellores momentos do festival.
Foron nada menos de vinte e catro actuacións (das que sete eran estreas), entre os dÃas 22 e 24. Toda unha maratón de danza chegada de recantos coma Xapón, Austria, Francia, Portugal, Cataluña, Madrid, Canarias e, como non, Galicia. Por décimo segundo ano, o festival En Pé de Pedra conseguiu sorprender e agradar os paseantes cos seus números, que tiveron como escenario os espazos públicos da cidade de Santiago.
O festival En Pé de Pedra demostrou esta fin de semana que segue vizoso coma o primeiro dÃa ao tempo que está a alcanzar a súa madurez. A sona do evento, que achega cada ano a Compostela figuras de primeira liña da danza contemporánea internacional garante cheos en todas e cada unha das actuacións. Ao tempo, vanse ampliando as posibilidades artÃsticas ante un público que, logo de acudir todos estes anos a ver danza en prazas e rúas, vaise cultivando e está máis receptivo ás propostas máis vangardistas.
Entre as novidades deste ano, podemos mencionar o ciclo "Puro e duro", unha iniciativa que achegaba cinco solos consecutivos de danza, a cargo de tantos outros artistas, ao marco da Praza de PraterÃas na noite de San Xoán. Para alén das actuacións en si, o festival achega un obradoiro a cargo de Akemi Takeya entre os dÃas 26 e 29. Precisamente a formación na danza foi o tema que abordou a Mesa Itinerante de Traballo, que coordinaba o Centro Coreográfico Galego. Quédanos agora ver o camiño que vai tomar o evento, que a ameaza con conseguir converterse nun auténtico referente internacional.

En pé de pedra 2007
Actuación de Akemi Takeya.
Todas as fotos da galerÃa foron feitas por Jacobo BugarÃn e achegadas polo Festival
En pé de pedra 2007
Ana MartÃns desde Portugal
En pé de pedra 2007
A compañÃa Caperucita poco animal
En pé de pedra 2007
Os frances DACM
En pé de pedra 2007
El bailadero estreou obra no Festival
En pé de pedra 2007
Actuación de Hisako Horikawa
En pé de pedra 2007
Danza nocturna de Hisako Horikawa
En pé de pedra 2007
Rara Avis e Andrés Corchero en acción
En pé de pedra 2007
Tanzverein Erdberg na súa presentación estatal
En pé de pedra 2007
CompañÃa Daniel Abreu Danza