As mulleres afganas, Castelao e a paisaxe de exposición por Galicia

Exposición-s-s-s

Pontevedra, Vigo e Ponteareas acollen estes días exposicións ben diferentes. En primeiro lugar, o Teatro Principal exhibe diversas fotografías que denuncian a situación de opresión das mulleres afganas. En segundo lugar, a viguesa galería Bacelos abre as súas portas á pintura impresionista de Amando. E para rematar o Pazo da Música de Ponteareas acolle unha das maiores fotografías sobre Castelao.


Mulleres en Pontevedra




"Levantar o veo das mulleres afganas" é a exposición que dende onte ata o vindeiro 28 de febreiro acolle o Teatro Principal de Pontevedra. Unha exposición que a través das fotografías de Sebastiao Salgado, Daniel Laine ou Pascal Maitre se denuncia a situación de opresión das mulleres afganas a mans do goberno talibán. A exposición, organizada por Médicos do Mundo, a Oficina de Axuda Humanitaria da Unión Europea e patrocinada polo Concello de Pontevedra, forma parte da campañas "Unha flor para as mulleres de Kabul" lanzada pola Unión Europea coincidindo co 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos.













Paisaxes abstractas



Paisaxes abstractas enchen estes días as paredes da recén inaugurada galería Bacelos de Vigo. O autor das obras, Amando, presenta un traballo de máis de tres anos, nos que realiza acrílicos sobre lenzo. Unha producción que presenta un aspecto comunicativo, onde o universal pode ser local e o íntimo tamén é sociolóxico. Amando ademais de presentar a súa actividade como pintor, fundou a publicación "Microfisura", que se presentou na edición ARCO´01 que acaba de rematar en Madrid.














E Castelao na música



Unha das máis completas recompilacións de Castelao, "Imaxes de Castelao" poderase ver no Pazo de Música de Ponteareas dende hoxe ata o 18 de marzo. 200 fotografías recollidas en coleccións privadas que narran a vida do polifacético artista dende o seu nacemento ata a súa morte pasando pola súa etapa no exilio arxentino. A mostra, organizada por Caixanova, ten un grande valor logo do expolio dos seus enseres sufrido en 1936.