"Vivir no Atlántico Norte" amosa a importancia da actividade pesqueira

Santiago, Bergen, Tahitou e Reikiavik: un estilo de vida

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A xeografía, a latitude, a cultura e a tradición de Santiago, Berguen, Reikiavic e a illa normanda de Tahitou teñen pouco en común. Sen embargo, estas cidades compartes un mesmo estilo de vida na pesca, forman parte da fachada atlántica e todas, agás Tahitou, son Capitais Europeas da Cultura neste ano 2000.

Catro culturas: un mesmo estilo


As semellanzas entre estas cidades son o obxecto que aborda a exposición "Vivir no Atlántico Norte" e que conta con tres partes. A primeira amosa a unha prospectiva dos roteiros, das flotas e das zonas que aínda existen na actividade pesqueira. A segunda céntrase exclusivamente nunha visión histórica da pesca galega. A exposición remata abordando os retos de futuro, nos que figuran os recursos do Atlántico Norte e a influencia na sociedade das novas relacións marítimas.


O mar: fio de unión

Islandia, Noruega, Galicia e Francia comparten a fachada atlántica. Este feito determinou que navegantes, pescadores, peregrinos e comerciantes determinaran fíos de conexión entre estes países. Ademais, compartir esta franxa costeira permitiu que o mar xogara un papel vital na economía, cultura e historia de sociedades xeograficamente alonxadas.

Capitalidade Cultural

Santiago, Bergen e Reikiavik comparten o feito de que este ano son Cidades Europeas da Cultura neste ano 2000. Un galardón que tamén cumpren outras cidades como Praga e que permitiu a organización de exposición como esta que permanecerá no Museo do Pobo Galego ata o vindeiro 30 de novembro.

Que che parece esta nova?
11 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Xeografía, Economía, Museo do Pobo Galego...