A historia da edición en Galicia revélase coma un proceso demorado que só recentemente deu nunha industria

Páxinas históricas

É ben sabido que Galicia non destacou historicamente por ser un foco de produción editorial a nivel internacional. De calquera xeito, nunca deixamos de ter unha tradición de produción de libros. As técnicas, o deseño e mesmo os temas mudaron ao longo do tempo. Achegámonos a este ámbito esquecido a partir da exposición "Historia do libro galego" que acaba de pór en marcha na Coruña a Fundación Rodríguez Iglesias.

De xeito xeral sabemos que ao longo da historia o libro evolucionou do papiro aos pergameos e despois ao papel, dos rolos aos volumes encadernados, e aínda das obras manuscritas para a imprenta. Pero a intrahistoria da edición deu moitas máis voltas, e no noso país tivo tamén as súas peculiaridades. Por exemplo, falar da historia do libro en Galicia evidencia a escasa actividade deste tipo arredor da nosa lingua. Desde a chegada da imprenta o latín primeiro e o castelán despois monopolizaron de xeito case exclusivo a edición. Deste xeito, o mais antigo libro que se coñece impreso no país é "Breviario compostelano" de 1483, ao que seguirían o "Misal Auriense", feito Monterrei en 1494 e o "Misal compostelano" de 1495.

Pouca edición
Vaia por diante que Galicia non foi nunca unha potencia editorial. Segundo lembra Rafael Díaz, da Libraría Incunable, "Historicamente Galicia está a anos luz doutras autonomías. Non houbo unha industrial editorial potente, e xa no século XIX compróbase que en lugares coma Cataluña editaban moi ben en comparación con nós. Tiñan boas tipografías e ilustracións coidadas". Unha das eivas materiais da edición galegas foi, segundo lembra este libreiro, a mala calidade do papel. "En xeral viña de fóra. En Galicia había algunha fábrica xa desde o século XVIII pero era moi malo e non se empregaba para imprenta, nos libros desa época vese que é un papel moi ácido", explica. A importancia da Universidade, sen esquecer a produción editorial da igrexa, fixeron durante moitos anos de Compostela un fito da edición galega. "A cultura estaba alí", explica Díaz. Canda a este aparente centralismo da publicación no noso idioma, pequenas imprentas por todo o país mantiveron ata ben entrado o século XX a súa actividade editorial. Nese sentido, Víctor Freixanes lémbranos que "A edición, en castelán, mantívose xa desde o século XVII e XVIII con francotiradores que a miúdo eran editores, impresores e libreiros a un tempo".

Capital en Vigo
Amosa tamén a mudanza dos tempos o traslado (sempre discutible) da capitalidade editorial de Galicia a Vigo. A instalación na cidade desde os anos cincuenta de editoras da importancia de Galaxia, Xerais, A Nosa Terra, Do Cumio, Nova Galicia ou Ir Indo salientan esta cidade como un dos principais polos deste sector en canto a volume de produción. Segundo explica Freixanes, "A decisión e situar Galaxia en Vigo foi moi meditada e respondía por unha banda a consciencia da propias necesidades culturais da cidade e pola outra á idea de que en Vigo, como di Ferrín debátese o éxito e o fracaso de Galicia, alí está a discusión da modernidade". A proposta semella que seduciu posteriormente outras empresas, aínda que nos últimos anos non se pode negar que os selos editoriais espállanse por todo o país.

Fitos históricos
De cara a salientar momentos destacados da nosa edición, o director de Galaxia salienta tres fitos. "A `Biblioteca Gallega´ de `La Voz de Galicia´ foi, para min, a primeira empresa editorial galega que se pode definir coma tal, cun proxecto maduro e un catálogo propio", explica. O proxecto, desenvolvido por Andrés Martínez Salazar, capitaneou en boa medida o Rexurdimento Galego. "Agás Rosalía, porque morreu cando comezaba a iniciativa e Lamas Carvajal, que tiña o seu propio núcleo de produción en Ourense, o resto da edición galega concéntrase nesta biblioteca".
A Xeración Nós e o traballo de Ánxel Casal como editor supoñen para Freixanes outro punto destacado nesta historia. "Supuxo un salto cualitativo importante e a conquista para o galego de espazos de prestixio na cultural. Abriron a lingua ao ensaio e a investigación ou ao teatro, e tentaron gañar novos públicos con coleccións coma `Lar´ ou `Céltiga´".

A industria
Finalmente, o terceiro grande punto de inflexión na edición dentro do noso país deuse, para este editor, "Co decreto de bilingüismo que incorporou o galego á escola e introduce a lingua na educación en o seu contorno. Nese momento,o libro deixa de ser só un acto de resistencia e de afirmación de identidade, que continúa a selo, e pasa a ocupar tamén un espazo económico cun mercado estable", lembra.
"Na actualidade, cunha edición medida de cinco títulos cada día, temos unha pluralidade de oferta que pode ter algunhas eivas, coma os libros técnicos, pero en xeral a nosa edición non desmerece a de calquera outro lugar como se pode ver nas feiras internacionais", completa Freixanes o panorama.

Temas varios
Dentro da tradición de pequenas editoras pode resultar curioso o caso da edición en Allariz dos libros de poemas "Fume de palla" de Alfredo Nan de Allariz e o "Aires da miña terra" de Curros Enríquez, a finais do XIX, que resultaron un auténtico fenómeno de vendas. "Foron libros que desapareceron de inmediato e non hai xeito aínda de os localizar no mercado nesa primeira edición". Este exemplo amósanos tamén como mudaron os gustos do público co tempo. Se naquel século XIX a poesía en galego acadaba ser un superventas (contando co baixo índice de lecturas na época), na actualidade é a narrativa a que acada as mellores cifras comerciais. Concretando máis, as obras de carácter infantil e xuvenil son as que en moitos casos garanten a rendibilidade das editoras galegas. "A explosión da literatura infantil e xuvenil nos anos oitenta proxecta Galicia e os seus creadores no exterior, con traducións e premios. Logo tamén estivo a ser moi importante o libro de texto", indica o director de Galaxia.

A mostra
Con ocasión de publicar o volume cincuenta do Proxecto Galicia, Hércules de Edicións, a través da Fundación Rodríguez Iglesias, organizou na Coruña unha mostra onde se pode contemplar, en persoa, unha ampla selección dos tres últimos séculos do libro en Galicia. As máis de seiscentas obras, seleccionadas entre os fondos da libraría Incunable, amosan a variedade de temas e de estilos polos que foi evoluíndo esta actividade. Por exemplo, Manuel Gándara, xerente da editora, salienta "unhas proclamas de Fernando VII que son moi curiosas. Ou o libro de tapas de Luís Seoane, cédulas reais, ou mesmo algunhas provisións do século XVIII que prohiben a introdución no país de determinados libros e que amosan a censura da época".

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

La tumba del Apostol Santiago M.Vidal Rodríguez 1924

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Amor a Galicia E. Gimenez Caballero

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Poesias M. Curros Enriquez

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Cancioeiro Eduardo Blanco Amor 1963

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Queixume d`os pinos Eduardo Pondal 1886

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Pauto do demo Anxel Fole 1958

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

La Coruña. Ciudad Sonrisa.Festas Veraniegas 1932

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Lo que han hecho en Galicia Castelao

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Grabados Seoane 1965

Castelao Hoxe e sempre Homenaxe o vintacinco aniver.

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

La Rosa de Papel Valle Inclan 1924

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Macias o namorado R. Cabanilla e A. De Lorenzo

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

El Enves Alvaro Cunqueiro 1969

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

El caballero de las botas azules Rosalia De Castro 1867

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.

Xoias da historia do libro galego

Xoias da historia do libro galego

Historia de los judios Vicente Risco 1944

Exemplar da mostra "Das Cantigas de Alfonso X ata o Proxecto Galicia"
Imaxe fornecida por Hércules de Edicións, fondos da Libraría Incunable.