A festa das Letras Galegas serviu para que desde a Real Academia Galega (RAG) se reclamase da Xunta novas medidas para promocionar o noso idioma. Desde dar un maior poder e orzamento á Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica a actualizar a lexislación ou actuar nos medios de comunicación, o presidente da RAG fixo varias propostas para defender o idioma. Ademais das reclamacións, o o DÃa das Letras deixou tras de si varias propostas de candidaturas para vindeiros anos, unha nova mostra en pontevedra e o acordo para realizar un centro dedicado a Sarmiento en Vilafranca.
Reclamacións
O discurso de Xosé Ramón Barreiro en Pontevedra durante os actos de celebración do DÃa das Letras convertiuse nunha chamada de atención sobre a situación do noso idioma e reclamando medidas concretas de cara a súa protección.
AsÃ, Barreiro reclamou que a Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica pase a ter rango de vicepresidencia ou que se integre na ConsellerÃa de Presidencia, a fin e que teña competencias sobre os restantes departamentos da Xunta. No mesmo sentido de reforzamento deste organismo, Barreiro reclamou o incremento dunha dotación económica que veu a menos nos últimos anos.
Continuando coas propostas de traballo para o Goberno Galego, Barreiro sinalou que a Xunta debe esixir como contrapardida ás subvencións que as empresas empreguen o noso idioma en "contratos dos traballadores e nóminas, rotulación, etiquetados, publicidade e facturación para Galicia".
A presencia do noso idioma nos medios de comunicación é, segundo, o presidente da RAG "irrisoria", unha situación que considera "anormal" e que "non parece que fose peor antes da Constitución". Lembrou ademais que boa parte do 4,23% de contidos en galego que ofrecen os medios corresponde a "colaboracións literarias e a publiciadade institucional directa ou en forma de publirreportaxe".
Sobre o caso concreto da Televisión Galega, Barreiro salientou a súa importancia na promoción do idioma, aÃnda que lamentou que moitos dos contidos emitidos se elaboren en castelán e que este idioma sexa habitual entre os traballadores do medio.
Sobre a educación, o historiador declarou que "parece que entran nas aulas máis galego falantes dos que saen", aÃnda que recoñeceu que se teñen dado avances neste eido. Finalmente, o presidente da RAG reclamou unha actualización da Lei de Normalización LingüÃstica de 1983 "nun clima de consenso coma o que presidiu a súa elaboración". Segundo Barreiro, o paso do tempo provocou que aparecesen "lagoas e imprecisións" neste texto, e compre lexislar en materias coma as relacións laborais, os dereitos dos consumidores ou os medios audiovisuais entre outros eidos, respondendo ás recomendacións da Carta Europea das Linguas.
Candidatos 2003
O DÃa das Letras foi tamén aproveitado por diferentes colectivos e individuos para presentar as súas candidaturas a persoeiro homenaxeado na seguinte edición.
Se xa o pasado luns informábamos da proposta do Instituto Padre Sarmiento de dedicarlle o vindeiro DÃa das Letras a Florencio Delgado Gurriarán, onte e hoxe atopamos en "El Correo Gallego" un artigo de opinión no que Avelino AbuÃn de Tembra recolle varias propostas. AsÃ, lembra a Enrique Labarta Pose, poeta humorÃstico, xornalistas e creador de diferentes publicacións durante o primeiro tercio do século XX. Ademais de recoller a candidatura de Delgado Gurriarán, AbuÃn de Tembra lembra tamén a figura de herminia Fariña, poeta e autora teatral que naceu en 1904 e morreu en 1966. Esta proposta xa fora presentada hai varios anos polo concello de Meaño. Unha última proposta que aparece no artigo é a realizada pola Asociación Amigos de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal para dedicar a este autor a sinalada data.
Doutra banda, o Concello de Noia aproveitou o pasado venrese un haxto de homenaxe a Avilés de Taramancos para reivindicar que se lle dedique o DÃa das Letras a este poeta. Onda o Concello solicitaron esta dedicatoria a agrupación cultural Sacou e o Liceo de Noia entre outras entidades.
Unha exposición e un centro
A maior exposición sobre Frei MartÃn Sarmiento que se realiza en Galicia, ou alomenos esa é a intención, foi inaugurada o pasado xoves en Pontevedra. "Frei MartÃn Sarmiento (1695-1772)" é o nome dunha mostra que recolle retratos, documentos orixinais, mobles, libros e obras publicadas postumamente. Todo dentro do colexio dos xesuitas no que estudiou o propio Sarmiento, e amosando as tres grandes coleccións que recollen as obras deste autor.
Por outra banda, a visita do presidente da Xunta a Vilafranca o pasado sábado 18 serviu para asinar o protocolo co presidente da Xunta de Castela e León para construir un centro sociocultural no predio que ocupaba ata hai poucos anos a casa natal de Sarmiento. Este centro, que contará con tres andares, un soto e un baixo, acollerá un centro de estudios sobre o ilustrado e potenciará o Camiño de Santiago ó seu paso por Vilafranca.