Comeza na Coruña o IV Salón do Libro homenaxeando a Casares e a Sarmiento

Un, dous, tres....¡libro!

Botouse a andar na Coruña unha nova edicion do Salón do Libro Galego. Concretamente o cuarto ano no que a Asociación Galega de Editores pon en marcha esta iniciativa para acercarlle ós lectores as publicacións en galego. E comeza na cidade herculina, desde onde rotará por Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo, aínda que a cita deste ano non pasará por Ferrol e Ourense. Tres ideas claves son as que caracterizan esta nova edición: desmitificar a idea de que a lectura é cara, ofrecer libros de calidade e que o público non teña reparos en tocar os volumes.

Características


Os xardíns Méndez Núñez da Coruña son desde onte unha grande librería en galego. E que con libros, como non podía ser doutro xeito, comezou o IV Salón do Libro Galego. Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá a uns 4.000 títulos que poñerán á venda 10.000 libros. Deste xeito pretende dárllese visibilidade a todos os títulos que existen en galego e que, por falta de oco nas librerías, non teñen presencia ante o espectador. Algo que podería explicar os baixos índices de lectura en galego que revelaron as estatísticas de marzo do 2001.
Pero o salón do libro non é só un escaparate de exhibición, xa que desde a propia organización estan previstos moito máis actos que pretenden unha maior participación do público. Está a posibilidade de participar en presentacións e sintaura de exemplares da man dos autores participantes (entre os que se atopan nomes como Xulio Valcárcel, Luz Pozo, Xavier Alcalá, Pilar Pallarés e Manuel María, entre moitos outros). Pero non són haberá escritores, senón tamén ilustradores, profesores, alumnos que se completará con concertos, lecturas públicas, coas que se pretende fomentar a lectura.












Coincidindo coa celebración


O salón do libro galego coincide no tempo coa celebración do Días das Letras Galegas. Un feito que desde a Asociación Galega de Editores non quixo pasar desapercibido por eso para a xornada de mañá está prevista unha lectura pública en obras de homenaxe a Carlos Casares e a Frai Martín Sarmiento. E para facer isto leerase "A vida do Padre Sarmiento" que é a última obra que Carlos Casares publicou antes do seu pasamento.




Unha viaxe máis curta

Este ano o Salón do Libro Galego contará con dúas localizacións menos. Trátase de Ourense e Ferrol que quedan excluídas do itinerario que percorrerá entre maio e xullo as principais cidades de Galicia. E o tren dos libros (formado polos fondos dos 26 integrantes da Asociación Galega de Editores) iniciará seguirá na súa recalada en Santiago, Pontevedra, Vigo e Lugo.
O Salón do Libro Galego Iníciase este ano con moitas expectativas, logo do éxito acadado no 2001 "cunha media por localidade visitada de dez ml visitantes e máis de dous millóns de pesetas vendidos", segundo apuntou Fabiola Sotelo, presidenta da Asociación Galega de Editores.