Achegar a figura do falecido Camilo José Cela ós máis novos é o obxectivo da semana de homenaxe que se lle está a dedicar ó premio Nobel recentemente falecido. Coincidindo con estes actos, a ConsellerÃa de Cultura presentou a versión en galego de "A Rosa", as emmorias de infancia do escritor.
Edicións
A ConsellerÃa de Cultura prsetnou o pasado venres dÃa catro a edición en galego de "A Rosa", o libro que recoolle as memorias de infancia de Camilo José Cela e no que se retrata a vida deste escritor entre Iria Flavia e Tui entre os anos 1916 e 1923. A traducción desta obra correu a cargo das filólogas Isabel Soto e Alexandra Cabaleiro. Segundo o Conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, esta obra demostra "que Cela no sólo era gallego, sino que amaba profundamente esta tierra".
Todas as persoas que visiten a sede da Fundación Cela en Iria Flavia durante esta semana recibirán gratuitamente un exemplar desta obra.
Tamén se presentou o pasado venres a edición en CD-Rom do manuscrito de "A familia de Pascual Duarte", editado pola propia Fundación Cela, mentres que a TVG realizou un reportaxe sobre a vida e obra do escritor presentada por Fernando Ónega.
Xornadas
Coincidindo co que serÃa o oitenta e seis aniversario do escritor, o dÃa once de maio, a Fundación Cela, a Universidade de Santiago, a Xunta, o Concello de Padrón e as catro deputacións provinciais galegas están a organizar unha semana de homenaxe ó recentemente falecido escritor. A semana abriuse onte coa visita de trescentos sesenta e catro escolares lucenses que coñeceron a sede da insitución cultural, o despacho e a biblioteca do escritor e o museo do ferrocarril John Trulock. Ademais da visita dos escolares, tamén se realizou unha conferencia sobre a implicación de Cela na renovación do cine español da posguerra impartida polo catedrático de Literatura José MarÃa Paz Gago. Ademais, o grupo de cámari In Itinere da Universidade de Santiago ofreceu un concerto.
Os estudiantes da provincia de Coruña serán os que hoxe, dÃa oito, de acheguen ata a Fundación Cela, para asistir despois á conferencia do escritor AgustÃn Fernández, pechando a xornada un concerto da Banda de Música Municipal de Padrón.
Máis actos
Para o xoves nove o director da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xosé Luis Foxo, doará á Fundación á partitura orixinal da "Mazurca de Don Camilo". O venres Juan Manuel de Prada falará sobre o autor antes de dar paso a unha actuación da soprano Montserrat MartÃ.
Para o sábado once celebrarase o acto central de homenaxe, cunha ofrenda floral na tumba do escritor e a inauguración da pintura "AlegorÃa da Colmea" de Celedonio Perellón e a escultura "Máscara de Camilo José Cela" de VÃctor Ochoa.