Publicación das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Nas súas páxinas recolle obras de debuxantes galegos e internacionais, ademais de recensionar as actividades do propio festival. Conta con numerosos colaboradores de fóra de Galicia tanto en artigos como en banda deseñada e na súa primeira década de publicación tense convertido nun dos referentes máis tradicionais do cómic galego. En 2011, enfrontado a unha grave crise de respaldo institucional, saiu porén unha edición de 500 exemplares fortemente amparada en autores do colectivo Polaqia.
FICHA TÉCNICA
Ourense (Galicia), 1994
Textos en galego, portugués
Continúa a publicarse
Periodicidade anual
Depósito legal: OUR-183/97
ISBN: Carece
ISSN: Carece
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, 24 x 17 cm, 24-32 páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: 0 euros
Tiraxe: 500-1000 exemplares
Distribución: Galicia (institucións)
Entidade:
Casa da Xuventude de Ourense,
autores
Noticias relacionadas
BD: Radiografía 2010
Publicado o 12 / 1 / 2011
Culturagalega.org presenta o primeiro resumo estatístico sobre a produción de banda deseñada no noso país
A BD de 2008
Publicado o 26 / 2 / 2009
Presentámosche as obras galegas elixibles para o Salón del Còmic de Barcelona