Historia postapocalíptica nun mundo violento marcado polo conxelamento do planeta. Miniserie de cinco números publicada pola editorial norteamericana Boom Studios. O guión é de David DiGilio. A portada do nº1 é de Andrew Huerta, a do nº2 de Cedric Nocon, mais as páxinas interiores de toda a colección e as portadas dos nº3, 4 e 5 debuxounas Álex Cal, galego afincado en Barcelona.