Publicación que desde a súa saída á luz en 1989 e ata a súa desaparición en 1993 publicou sete números e dous especiais (un sobre zombies e outro sobre o Pelegrín) desde Ourense, consolidándose durante ese período como a principal publicación de banda deseñada de Galicia. A orixe do Fanzine está na unión doutras dúas publicacións, Barbaña Cómics e El Vómito del Diablo, ós que se engadirían despois os promotores do fanzine "Os Graxos da Burga" e, desde o quinto número, o colectivo "Phanzynex".
Entre os participantes no fanzine, nomes coma César Moreiras, Macaco, Miguelanxo Carballo, Moxón, Paradelo, Andrés Fortes, Robledo, Eduardo Meliñas, Xavi, Diego Domínguez, Alfredo González, Ermitas ou Henrique Torreiro. A publicación chegou a acadar un importante número de páxinas e unha tirada considerable, chegando a realizar a difusión a través dunha distriubuidora e chegando a toda Galicia. Contou desde o comezo co apoio da Casa da Xuventude de Ourense, que se viu comprometido despois do achegamento de parte do colectivo a posturas reintegracionistas. A dificultade en profesionalizar a revista e a integración á vida laboral de varios dos seus promotores provocou a súa desaparición.
FICHA TÉCNICA
Ourense (Galicia), 1989
Textos en galego, galego-portugués
Edición rematada
Periodicidade
Depósito legal:
ISBN:
ISSN:
Categoría: Revista ou comic-book
Formato: grampado, cm, páxinas, interior en branco e negro, capas a cor
PVP: euros
Tiraxe: exemplares
Distribución: Galicia
Entidade:
,
autores
Noticias relacionadas