Celanova homenaxea a César Moreiras, escritor e autor de BD

A Casa dos Poetas acolle unha exposición e os actos de lembranza

Autorretrato de César Moreiras
Autorretrato de César Moreiras
A coincidir co que sería o seu 50 cumpreanos, a Fundación Curros Enríquez organiza hoxe unha homenaxe a César Moreiras na Casa dos Poetas de Celanova. Falecido prematuramente aos 29 anos, Moreiras foi nos primeiros noventa un dos fundadores do colectivo de banda deseñada Frente Comixario e desenvolveu un intenso traballo de creación e dinamización cultural. Unha mesa redonda sobre a figura do homenaxeado, un obradoiro de banda deseñada e unha exposición de homenaxe son os actos programados, que inclúen tamén unha actuación do grupo JQJ Band.