Colaborou no fanzine "A esmorga" e participou no álbum colectivo "H2Oil". Publicou a historia "Bolboretas", creada con Álvaro López, no número 6 de "Barsowia". É ilustrador de literatura infantil-xuvenil desde 2002, con xa media ducia de libros publicados en diversas editoriais.
Palmarés
3º premio na categoría de adultos no IX Concurso de Cómic de Arteixo con “O segredo” (2004). Primeiro premio por "Bolboretas", no III Concurso de BD do Alfaiate (2005), formando equipo con Álvaro López. Tamén con López colaborou na historia "38/Un conto sobre o medo e a pólvora" que lles valeu a ambos o segundo premio (Cat.A) en Cangas 2006 (8º certame de cómic). Premio Pura e Dora Vazquez de ilustración (Deputación de Ourense, 2003).
Formación específica
Técnico Superior en ilustración (Escola de artes Pablo Picasso). Técnico en impresión offset (Escola Calvo Sotelo). Estudos de fotografía e deseño gráfico.
publicacións
Revista ou comic-book
38
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Controla
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante,
Guionista,
Editor,
Portadista,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Guionista,
Noticias relacionadas
Altar Mutante chega ao seu número 10
Publicado o 12 / 8 / 2021
O veterano fanzine "de horror putrefacto e ciencia ficción graxenta" presenta a súa nova entrega no Viñetas desde o Atlántico