» banda deseñada »  autores
Kike Benlloch
Guionista
Un dos máis prolíficos guionistas de Galicia, é autor de seis álbumes de cómic e numerosas historias breves. Iniciouse profesionalmente con "Nieve Negra" (Factoría de Ideas, 1999), miniserie de dous números feita con Adrián López e Jano. Foi membro do colectivo Polaqia desde a súa fundación en 2001 ata 2009, coordinándoo durante os seis primeiros anos. Para debuxos de Alberto Vázquez escribiu o álbum "Freda" (De Ponent, 2002), recibido co aplauso unánime da crítica española, ao igual que "Dámsmitt" (Dibbuks, 2006), con deseños de Manel Cráneo. Dirixiu catro obras colectivas: "Mmmh!!" (2001), colaborando con David Rubín e Alberto Vázquez, a revista "Barsowia" (do nº1 en 2003 ao nº8 en 2006), ademais de "H2Oil", álbum do Colectivo Chapapote con setenta autores galegos, e o "Barsowia en llamas" (Dolmen, 2006), antoloxía de duascentas páxinas en castelán. Tamén asinou o álbum "Capital" (De Ponent, 2006), con sete deseñadores. Ademais de ter presidido a asociación Funcomic da Coruña colaborou en publicacións, facendo ou escribindo sobre BD: "Dos Veces Breve", "Buen Provecho", "BD Banda" 1ª época, "Golfiño" 2ª época, "O fanzine das Xornadas", "Código cero", "Nemo", "Nosotros somos los frikis", "Volumen, Guía del Cómic", Bravú.net e Elfoco.com. Foi comisario e redactor para dúas mostras do festival Viñetas desde o Atlántico nas súas edicións de 2000 (exposición "Novos autores coruñeses") e 2006 (exposición "Polaqia en llamas").

Entrevista a Kike Benlloch en Entrecomics (2007)

Palmarés
"Freda" foi seleccionada pola prestixiosa Internationale Jugend Bibliothek (Alemaña) para o catálogo e exposición itinerante White Ravens 2004. Este catálogo escolle anualmente os 250 mellores libros do mundo de entre os miles que recebe dunha cincuentena de paises. No Salón Internacional do Cómic de Barcelona "Barsowia" recibiu galardóns dous anos consecutivos: O premio do público ao mellor fanzine de España en 2005 e o premio oficial ao mellor fanzine en 2006. "Dámsmitt" foi seleccionado como un dos mellores dez cómics españois de 2006 pola revista Mondosonoro.
Premios a historietas breves: Accésit Concurso Alfaiate 2003 con "Dez segundos". Premio Rozas Joven 2004 con "Devolución industrial". 2º premio Arteixo 2005. 2º premio Cangas 2007 con "Asasinos".
publicacións
Revista ou comic-book
Anónimo
Guionista,
Fanzine
Cousas que non nos gustan
Guionista, Debuxante, Humorista gráfico,
Revista ou comic-book
In Memoriam
Guionista,
Fanzine
Improv!!
Guionista, Debuxante, Editor,
Álbum
Uxío Novoneyra: A voz herdada
Guionista,
Álbum
Cuimhne. El Fuego Distante
Guionista,
Álbum
Rara Avis
Guionista,
Catálogos e manuais
10 anos de BD galega
Guionista,
Fanzine
*!*
Guionista, Debuxante,
Fanzine
El acompañante de Pinche Mundo
Guionista,
Álbum
Pinche Mundo
Guionista,
Catálogos e manuais
El cómic de la democracia española 1975-2005/06
Guionista,
Revista ou comic-book
300
Debuxante, Guionista,
Álbum
Barsowia en llamas
Direccion, Debuxante, Guionista,
Álbum
Dámsmitt
Guionista,
Álbum
Capital
Guionista,
Revista ou comic-book
Búsola
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Fanzine Despregable
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Esa cousiña negra que levas no peito
Debuxante, Guionista,
Álbum
Freda
Guionista,
Revista ou comic-book
O tebeo do Salón de Cangas
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Barsowia
Editor, Direccion, Guionista, Debuxante, Deseño gráfico,
Álbum
H2Oil
Guionista, Deseño gráfico, Direccion,
Revista ou comic-book
Leña Verde
Guionista,
Fanzine
Dynamo
Humorista gráfico,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Guionista,
Álbum
Mmmh!!
Editor, Guionista, Debuxante,
Fanzine
Sintoteca
Ilustrador,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Fanzine
Langrão/Sin fé
Editor, Guionista,
Revista ou comic-book
O Fanzine das Xornadas
Guionista,


  Noticias relacionadas

Agosto acolle novos lanzamentos galegos de BD
Publicado o 21 / 8 / 2024
Demo Editorial presenta dous novos títulos e nace o selo Lura Cómics
ECC cómics publica a versión completa da BD A conta atrás
Publicado o 10 / 8 / 2022
O fanzine Altar Mutante presenta a súa entrega número 11
Altar Mutante chega ao seu número 10
Publicado o 12 / 8 / 2021
O veterano fanzine "de horror putrefacto e ciencia ficción graxenta" presenta a súa nova entrega no Viñetas desde o Atlántico
Altar Mutante e A Viñeta de Schrödinger presentan novos números
Publicado o 17 / 6 / 2020
A Deputación de Pontevedra convoca un certame de BD para a mocidade
Pablo Lloveres e Yaiza Martínez levan o Premio de Fin de Curso de O Garaxe Hermético
Publicado o 5 / 8 / 2019
Saen á venda novas entregas de Altar Mutante e Amair
O verán arrinca con novos lanzamentos de BD
Publicado o 11 / 7 / 2018
Altar Mutante estrea colección e suma entrega da súa cabeceira
Begoña García-Alén e Altar Mutante optan aos Premios do Saló del Còmic
Publicado o 13 / 3 / 2018
Os gañadores daranse a coñecer o vindeiro 13 de abril

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org