Xerente da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais de España (FADIP). Foi membro do Colectivo Phanzynex de Ourense, é máis coñecido como experto en BD que como autor, pero participou no números 3 e 4 de "Frente Comixario" e no "Spesial Pelengrin" ademais de realizar portadas e logos para as diversas exposicións de fanzines que se viñeron facendo anualmente en Ourense. Tamén realizou colaboracións coas revistas "Bravú", "Unicomercio", "Anima+l" e "Ovo". Encárgase da organización anual das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense e colaborou co Festival de Cinema da mesma cidade. Ten asinado en ocasións co pseudónimo de Aich.