Deseñador da serie "Harry Pórrez" na revista infantil-xuvenil "Mister K" con guións de Bernardo Vergara, realizou un volume total de 188 páxinas de banda deseñada, as cen últimas con cor de Carmen Recreo. Debuxante de BD e deseñador gráfico, tamén traballa profesionalmente nos campos da animación, ilustración e multimedia. Contribuiu xa en 1991 ao I Certame Ourense de BD (III Xornadas de BD de Ourense). Comezara no cómic a finais dos oitenta cunha banda deseñada diaria para o Atlántico Diario, guionizada por Carlos Portela, e traballando para Edicións Xerais. Con Portela recuncaría creando ambos o personaxe Guinsy, que publicou "El País de las Tentaciones". Ambos autores, en equipo con Fernando Iglesias, fixeron nos primeiros noventa o manga "Kami Seeds" para Camaleón Ediciones. Rivas fixo o deseño a lapis para Mónica (de Mónica & Bea) no primeiro "Sara Soft" e outras colaboracións esporádicas antes de realizar con guións de Kike Benlloch a serie "Xen", composta de dez entregas na revista "Golfiño" (segunda etapa) de La Voz de Galicia. Influenciado por autores como Yves Chaland ou Mike Mignola, Víctor Rivas destaca tamén polo seu traballo de dirección de arte e deseño flash en aventuras gráficas multimedia ("O misterio das sete pezas", etc) nas que tamén fixo tándem con Benlloch.
Blogspot
Flickr
publicacións
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante,
Portadista,
Revista ou comic-book
Caña
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Portadista,
Debuxante,
Álbum
H2Oil
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Debuxante,
Noticias relacionadas