Como promotor da revista "BD Banda" e director da colección de álbumes homónima (na editorial Faktoría K), é unha das figuras principais do panorama da edición galega de BD. Contribuiu a dúas das principais iniciativas de cómic infantil-xuvenil en España nas últimas décadas, as revistas "Golfiño" e "Mister K". Na primeira acadou popularidade coa serie de humor escatolóxico "Fiz nos Biosbardos". Na segunda realizou 76 páxinas da serie "Clases con Guasa" (que publicou en 2006 na revista francófona Spirou) e 62 da serie "De Turisteo", ademais de 3 portadas e 31 páxinas de actualidade e pasatempos. Comezara no mundo do cómic participando en fanzines como "Nicasso" e "Nova linea" e colaborou co único número de "Elipse". Tamén contribuiu á colectánea sobre o Prestige, "H2Oil", como debuxante e como un dos coordenadores do Colectivo Chapapote. Colabora na revista "El Jueves" na que ademais de chistes, realiza "La Guinda Final", con parodias de cómics coñecidos. Desenvolve a súa faceta de humorista gráfico na edición pontevedresa de "La Voz de Galicia".
Palmarés
Con só dezasete anos recibiu o Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1996, da Casa da Xuventude de Ourense, por "Crestomatía de amor". Gañou en 2002 un accésit no certame do INJUVE, modalidade de ilustración. Segundo premio JB de humor gráfico. Prémio de humor do Muséu da Imprensa do Porto (Portugal). 4º premio no XIV Concurso Galego de BD (1998) coa historia "Café de soidades".
Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola especialidade de pintura.
publicacións
Revista ou comic-book
Fiz
Direccion,
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Retranca
Guionista,
Direccion,
Debuxante,
Portadista,
Álbum
H2Oil
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Leña Verde
Humorista gráfico,
Álbum
Maiópolis
Debuxante,
Guionista,
Colorista,
Revista ou comic-book
BD Banda vol.1
Direccion,
Editor,
Debuxante,
Guionista,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista,
Debuxante,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista,
Debuxante,
Noticias relacionadas