A historia de dúas rapazas que tentan triunfar nun concurso de talentos musicais é a base de Idol, a banda deseñada coa que as autoras Alba Chan e Ene acaban de se facer co V Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético. O galardón, que esta escola de BD convoca en colaboración con Edicións Xerais, ten como dotación un contrato de edición coa editora viguesa, que publicará a obra a próxima primavera na súa colección MerlÃn Cómic.
O fallo do xurado desta galardón, composto por Miguel Porto, Fernando Llor e Kiko da Silva, en representación do Garaxe Hermético, e AnaÃr RodrÃguez e Fran Alonso, da banda de Xerais, destacou da obra "a enorme capacidade de conexión" da obra "para empatizar co lectorado adolescente e visibilizar os seus gustos, problemas e ansiedades".
O volume aposta por un estilo gráfico achegado ao manga xaponés, no que o xurado destacou o tratamento da cor e a relación que se establece entre música e ilustración, canda á "presenza de viñetas nas que a composición dá lugar a imaxes moi gráficas das actuacións musicais das protagonistas, asà como dos seus estados de ánimo".
As dúas gañadoras son alumnas de 3º Curso Profesional de BD na escola O Garaxe Hermético.