Coñecido guionista e subdirector de
Viñetas desde o Atlántico, é analista de BD desde 1983 cando ao fundar o fanzine
Interlinea incluiu a sección de crítica
Nomofan. Tres anos despois lanzou en Radio ECCA o programa sobre cómic
Arte Alfa. Na TV foi guionista e presentador do
Xabarín Club encarnando o papel do Doutor TNT. Guionizou a aclamada e inconclusa serie
Impresiones de la Isla (2 nºs), con deseños de Fernando Iglesias, a cal lles valeu tres nominacións no Salón de Barcelona. Son obras súas
Kami Seeds (ed.Camaleón, con Víctor Rivas e F. Iglesias) e
Vox Populi (tira con V. Rivas que durou cinco anos). Tamén as tiras semanais
Forest Hill e
Guinsy -esta chegaría a ser diaria- debuxadas por Norberto Fernández e Víctor Rivas respectivamente, ambas realizadas para o Atlántico Diario, desde o nacemento deste xornal o 14/6/1987. Asinou a segunda etapa de
Gorka (ed.Planeta de Agostini), outra volta con F. Iglesias e esta vez tamén con Sergi San Julián. Entre 1995 e 2000 publicou con F. Iglesias a serie
O labirinto de pedra no magazine
Compostelán. Igualmente con Iglesias, participou na antoloxía internacional
Comix2000. Colaborou con publicacións como
Krazy Comics,
Totem,
Frente Comixario e
El País. Algunha historia escrita por él para deseños de Santiago Sequeiros viu a luz no álbum
La Mala Pena. Traballa para o mercado francobelga coa serie
Os Heresiarcas, con debuxos de Das Pastoras, publicada en EEUU baixo o nome
Deicide. Deste título unha contribución apócrifa viu a luz na nova etapa da revista
Metal Hurlant, que ademais serializou o segundo tomo. Bateu récord de vendas na editorial Glénat recuperando o personaxe de
Esther con debuxos da autora Pura Campos. Participa na segunda etapa da revista
BD Banda facendo tándem con F. Iglesias, que asina como Kohell.
Entrevista a Carlos Portela en
Entrecomics (2007)
Palmarés
Premio Ourense ao mellor autor afeccionado 1991 da Casa da Xuventude de Ourense por
O voo da cometa, xunto con Fernando Iglesias, historia baseada nun relato de Ray Bradbury. Premio da Xunta por
Nosotros realizada con deseños de Víctor Rivas.
publicacións
Revista ou comic-book
Barsowia
Guionista,
Revista ou comic-book
Elipse
Guionista,
Planificación de páxina,
Revista ou comic-book
Coiote
Guionista,
Noticias relacionadas