Bea Lema e Carlos Portela voltan do Festival de BD de Angoulême con galardóns

As súas obras Contrition e De maux à dire conseguiron dous dos trece premios do encontro internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Bea Lema e Carlos Portela voltan do Festival de BD de Angoulême con galardóns

Dous dos trece galardóns do festival de Angoulême, o principal encontro de banda deseñada de Europa, teñen nomes galegos. O guionista Carlos Portela e a debuxante Bea Lema conseguiron imporse nas categorías ás que aspiraban neste evento cos seus últimos traballos. Esta é a primeira ocasión en que obras de autoría galega conseguen o recoñecemento desta cita.

Deste xeito, Contrition, a novela gráfica que realizou Carlos Portela co debuxante Keko, obtivo o premio "Fauve Polar" que outorgan as persoas usuarias da rede de ferrocarrís franceses cos seus votos.

Pola súa banda De maux à dire, escrito e debuxado pola coruñesa Bea Lema, obtivo o Prix du Public France Télévisions". Un xurado escolleito entre a audiencia destas canles foi o responsable de escoller esta obra entre aquelas que facían parta de selección oficial do festival. A obra é a versión francesa de O corpo de Deus, co que a autora conseguira o Premio Castelao de Banda Deseñada.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Angoulême, Europa, Castelao...