Coa edición francesa da novela gráfica O corpo de Cristo, a galega Bea Lema conseguiu dúas candidaturas aos premios do Festival de Banda Deseñada de Angoulême, considerado o máis importante de Europa. A autora coruñesa ten opción de conseguir o premio á mellor obra na categorÃa absoluta e mais o galardón ao mellor traballo entre aqueles seleccionados polos centros educativos de Francia.
Lema elaborou esta obra a partir do traballo homónimo co que obtivo o Premio Castelao de BD en 2017 e ampliouna mediante unha bolsa na propia vila de Angoulême. O traballo resultante, que foi publicado en España por Astiberri e en Francia por Sarbacane, xa fora recoñecido co premio do xurado do festival de BD de Périgord neste mesmo ano. A obra combina o debuxo co bordado e narra a historia dunha muller con doenza mental desde a perspectiva da súa filla.
Canda a ela, Contrition do guionista vigués Carlos Portela con debuxos de Keko, ten tamén unha candidatura neste festival na categorÃa de obras seleccionadas por persoas usuarias dos ferrocarrÃs franceses. A obra foi publicada no PaÃs Galo por Denoël Graphic e presenta unha investigación por asasinato nunha comunidade de persoas condenadas por delitos sexuais.
O fallo dos galardóns darase a coñecer na vindeira xornada do festival, que se desenvolverá entre o 25 e o 28 de xaneiro.