» banda deseñada »  autores
danimontero.jpgMontero Coira, Daniel
Catoira (Pontevedra)  1977   
Teléfono: 647 917 399 /
Enderezo electrónico: dibumontero@hotmail.com



Daniel Montero
Debuxante
Ten experiencia en banda deseñada, ilustración, caricatura e animación. Participou na produción de tres filmes 3D e no departamento de arte de Dygra Films. Actualmente traballa como ilustrador profesional por conta propia. Ten impartido clases de debuxo e pintura para rapaces en varios centros municipais e mais un curso anual de banda deseñada no Concello de Culleredo. Colaborou con fanzines como “Chámalle X” e “Alopecia Mental” así como na revista “Golfiño” (segunda época). Contribúe anualmente á organización do certame de Cangas.

Palmarés
Ten recibido diferentes premios en certames como o de Arteixo ou o "Mutantes Paseantes" de Cádiz. Entre outros levou estes galardóns: 1º premio en Las Palmas (2001), premio ao mellor guión en San Boi (2001), 3º premio en Arteixo (2002), 3º premio en Pontevedra (2002). Primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Noveis, convocado pola Casa da Xuventude de Ourense como contribución á VIII Bienal da Caricatura. Coa obra “Sen mirar atrás” venceu no V premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña (2009).

Formación específica
Cursou Belas Artes. Realiza o ciclo superior de ilustración na Escola Pablo Piccasso e estuda o curso “Pencilling” na Joe Kubert´s School of Art.
publicacións
Álbum
Sen mirar atrás | Sin mirar atrás
Debuxante, Guionista,
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante, Guionista,
Álbum
H2Oil
Guionista, Debuxante,
Revista ou comic-book
Certame de cómic de Arteixo
Debuxante,
Revista ou comic-book
Golfiño
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Alopecia mental
Guionista, Debuxante,
Fanzine
Chámalle X
Debuxante,


  Noticias relacionadas

'A lebre mecánica' de Ledicia Costas entra no catálogo internacional The White Ravens
Publicado o 17 / 10 / 2023
A selección deste ano inclúe tamén dous libros das editoriais Kalandraka e Bululú
Marina Gibert gaña o XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado
Publicado o 1 / 7 / 2021
A súa obra Selva reportaralle 9.000 euros e sairá publicada en 5 linguas
Daniel Montero faise co V Premio Castelao de BD
Publicado o 22 / 9 / 2009
José e Ramón Trigo quedaron finalistas no certame
Cadriños e pantallas
Publicado o 1 / 12 / 2008
As posibilidades creativas da banda deseñada penetran con forza no sector audiovisual
A Semana do Humor de Silleda achega unha mostra de orixinais de BD Banda e conta con Daniel Montero e Xaquín Marín
Publicado o 18 / 4 / 2006
O humor tamén vai en cadriños
O debuxante Daniel Montero faise co premio ao mellor caricaturista novel
Publicado o 31 / 1 / 2006
Montero na bienal
Silleda acolle unha nova edición da súa Semana do Humor, que homenaxeará a Agustín González
Publicado o 15 / 4 / 2005
Risas en Trasdeza

Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org