Marina Gibert gaña o XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

A súa obra Selva reportaralle 9.000 euros e sairá publicada en 5 linguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Imaxe do traballo gañador do Premio Compostela en 2021

Imaxe do traballo gañador do Premio Compostela en 2021

A autora catalá afincada en Lisboa Marina Gibert declarouse este trinta de xuño gañadora do XIV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O seu traballo Selva, que "representa unha metáfora da memoria" segundo destacou o xurado, impúxose entre as 400 propostas que competían no certame. A obra, que lle reportará a autora un premio en metálico de 9.000 euros, sairá publicada en cinco linguas da man da editorial Kalandraka, que convoca o certame en colaboración co Concello de Santiago.

O fallo destaca que se trata dunha obra "brillante, orixinal e de gran riqueza cromática, que narra en imaxes o divertido paseo dun neno por una paraxe de exuberante vexetación", cun final "sorpresivo" e un protagonista que entra "nun lugar onde a memoria fará voar a súa imaxinación".

Canda a Gibert, os artistas mexicanos Claudia Novaro Malpica e Armando Fonseca foron finalistas do certame co álbum De papel, no que os autores presentan "un paralelismo entre o papel e a vida". O xurado tamén lle outorgou unha mención especial a La nota, dos madrileños Daniel Montero Galán e Pilar Serrano Burgos.

O comité de selección estivo formado polos ilustradores Rebeca Luciani, Javier Serrano e Xosé Cobas, a libreira e pedagoga Lola Gallardo, a directora editorial de Kalandraka, Manuela Rodríguez, o edil de Educación do Concello de Santiago, Rubén Prol, e Beatriz Varela como secretaria.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Concello de Santiago, Lisboa, Educación...