O debuxante Daniel Montero faise co premio ao mellor caricaturista novel

Montero na bienal

Un dos máis inquedos autores da nosa BD, Daniel Montero, acaba de dar mostras do seu bo facer artístico ao conseguir o primeiro premio no VIII Concurso de Caricaturistas Nóveis. O xurado do certame, que convoca a Casa da Xuventude de Ourense, premiou unha serie na que Montero retratou os actores Xosé Manuel Oliveira, Ernesto Chao, Xoán Pérez, Luis Zahera, Celso Bugallo, Morris e Manuel Manquiña. Este traballo poderá verse na vindeira Bienal de Caricatura, que se celebrará na Cidade das Burgas no mes de marzo. Ademais da súa actividade na BD, o autor está na actualidade a traballar na produtora de animación Dygra.

A ficha de Daniel Montero