Cosme Fernández gaña o VII Concurso de Caricaturistas Noveis

Caricaturas de Cosme

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Cosme Fernández, ourensán de 27 anos, gañou o VII Concurso de Caricaturistas Noveis gracias aos seus debuxos de Antón Reixa, Luís Tosar e Manuel Rivas, entre outros. O autor recibirá os 750 euros do galardón o vindeiro 1 de marzo, na inauguración da exposición coa que comeza a Bienal da Caricatura. Recibiron os accésit, de 200 euros cada un, Roi Paz (A Coruña, 1978), Roi Rodríguez (Vigo, 1978), e Antonio Seijas (Ferrol, 1976). Ao concurso presentáronse trece autores de toda Galicia con sesenta e sete obras, coas personalidades políticas como protagonistas máis frecuentes. O Concurso de Caricaturistas Noveis convócao a Casa da Xuventude de Ourense como contribución á VII Bienal da Caricatura que se desenvolverá na primeira quincena de marzo na cidade das Burgas.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Rivas, Antonio Seijas, Antón Reixa, Luís Tosar...