A Bienal de Caricatura de Ourense inicia a súa novena edición

Caricatura maior de idade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Ourense acolle desde hoxe a IX Bienal de Caricatura, que abre as súas portas ás sete e media da tarde. Unha mostra de novos caricaturistas, outra do traballo de autores galegos, a retrospectiva de João Abel Manta, a monográfica de Turcios e unha selección da revista “Retranca” son algunhas das propostas expositivas que se integran no programa. A maiores, a vindeira fin de semana celebrarase, no Museo Municipal, a Festa da Caricatura, coa presenza de diferentes autores. Presentacións e outras actividades completan as propostas ata o vindeiro trinta de marzo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Retranca, Medios de comunicación

Claves

Lugares