Quince dÃas dedicados á arte do retrato menos realista é o que propón a VI Bienal de Caricatura de Ourense. Vintedous galegos que practican esta arte, artistas e portugal e de Bélxica, exposicións, caricaturas en libro e presentacións son algunhas das actividades previstas na que xa consolidou como a grande cita galega deste xénero.
Exposicións
Esta tarde será a apertura. Seis exposicións repartidas por grande parte da Cidade das Burgas permitirán coñecer, a partir das sete da tarde de hoxe, caricaturas dunha boa cantidade de artistas.
En primeiro lugar, a Casa da Xuventude acolle os traballos dos novos creadores neste eido. As caricaturas participantes na VI Edición do Concurso Galego de Caricaturistas Noveis amosarán durante quince dÃas as caras máis divertidas de moitos famosos do paÃs e foráneos.
Os creadores xa consagrados terán no Museo Municipal o seu lugar. Vintedous autores exhibirán os traballos que realizaron para a prensa seguindo a actualidade galega. A mostra monográfica desta edición está dedicada a Fernando Quesada, que exhibirá no centro cultural unha retrospectiva dos seus traballos desde os anos setenta.
Desde o sur chegan os debuxos doutros vinte autores portugueses, que expoñen no Centro Cultural da Deputación a mostra "Figuras da caricatura so século XX".
Seguindo con debuxantes de fóra, o belga De Beeck, considerado un dos máis importantes caricaturistas do mundo, achegará unha selección das súas obras á Casa da Xuventude.
Finalmente, no apartado histórico, a Bienal recupera nesta edición a obra do ourensán Elisardo Seabra, un case esquecido autor do paÃs.
Certame, festa e máis
Ademais das motras, a bienal inclúe a entrega de premios do VI Concurso de Caricaturistas Noveis, e a prsentación do lbiro "A uva acedohÃbrida de Forxán ou do Humor Gráfico Galego" de Alberto Pascual Carballo.
Por se fose pouco, os dÃas nove e dez de marzo celebrarase no Centro Cultural da Deputación a Festa da Caricatura, na que diferentes caricaturistas, entre eles o belga De Beeck, realizarán en directo retratos dos asistentes ó encontro que estén dispostos a aturar as grandes
A Bienal está organizada pola Casa da Xuventude de Ourense en colaboración coa Deputación, o Concello e a ConsellerÃa de Familia, cun orzamento aproximado de dezaoito mil euros.