A VIII Bienal de Caricatura de Ourense achegará á Cidade das Burgas retratos dos persoeiros máis famosos do mundo

O Ourense con máis famosos

Exposicións, concursos de monólogos e de caricaturas, retratos en directo e presentacións de libros son algunhas das actividades que poderá ver quen se achegue a VIII Bienal de Caricatura de Ourense. O evento, que se celebra a partir do catorce de marzo, ten como convidado estrela o portugués André Carrilho, que ten recibido xa varios premios internacionais e desenvolve o seu traballo en revista da talla de "Vanity Fair". Entre as mostras non faltarán retratos paródicos de persoeiros dos máis diversos ámbitos. Ademais, quen se achegue aos lugares poderá conseguir que lle fagan unha caricatura en directo algún dos autores que estarán presentes no evento.

Máis información neste PDF ; cartel da bienal; web da Casa da Xuventude e nos nosos arquivos