O Museo de Pontevedra é unha das sedes da Bienal de Arte de Cerveira

Acolle unha exposición de artistas de Portugal e Brasil entre o 22 de setembro e o 11 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo de Pontevedra é unha das sedes da Bienal de Arte de Cerveira

Unha selección de obras de quince artistas de Portugal e de Brasil compoñen a exposición da Bienal Internacional de Arte de Vilanova de Cerveira que abre as súas portas este 22 de setembro na sede do Museo de Pontevedra. A Bienal, que se desenvolve baixo o lema We must take action! " quer agir e colocar a Arte e os artistas a pensar o mundo e as emergências globais que a todos afetam", segundo sinala a organización do evento.

O centro, que se integra así como un dos polos expositivos do evento portugués, acolle unha selección de pezas que amosan artistas de Portugal e de Brasil de "diferentes xeracións e plasticidades, que comparten o gusto polo detalle, polo deseño, pola expresión do corpo, con enfoque na dimensión poética da obra de arte e nas mensaxes indecibles que agocha", segundo explica a presentación do proxecto. A directora artística da bienal, Helena Mendes Pereira, correu coa selección das obras que se poden ver no centro ata o vindeiro 11 de novembro.

Nomes de referencia na arte portuguesa como Zulmiro de Carvalho, Ana Vidigal ou Mafalda Santos, canda a creadoras e creadores lusos de diferentes xeracións coma Elsa César, Ana Maria Pintora, Henrique do Vale, Juan Domingues, Mariana Mizarela, Pedro Figueiredo, Serafim Sousa e Sobral Centeno. Jayme Reis e Zélia Mendonça poñen o quiñón brasileiro na mostra, que se completa con dúas obras inseridas na homenaxe que a bienal dedica á pintora Helena Almeida, e que asinan Ana Monteiro e Maria Cunha.

En paralelo a esta exposición, o día 22 abre tamén as súas portas en Monção outra exposición da Bienal na que participa o pintor de Marín Antón Sobral.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Brasil, Portugal, Vilanova...