Ilustrador formado na vangardista escola valenciana dos oitenta, destacou na serie
Opium (1989), iniciativa dirixida por Daniel Torres que foi pioneira na adaptación do modelo de traballo en equipo ao cómic español. A finais dos oitenta fixo a serie
Los Sucesores na revista Cairo, con guións de Hugo León, e a primeiros dos noventa realizou
El ojo de la serpiente na revista Cimoc, a partir de guións de Cristóbal Aguilar. A pesar de aínda estar afincado en Valencia, retomaría vencello con Galicia xa a finais da década seguinte, en 2009, ao iniciar a súa propia trama (
Silvana) na revista Galimatías. Máis información sobre o autor na páxina 780 (tomo II) do
Atlas Español de la Cultura Popular. De la historieta y su uso, 1873-2000 de Jesús Cuadrado.
publicacións
Revista ou comic-book
Galimatías
Debuxante,
Portadista,
Guionista,
Noticias relacionadas
A ollada editorial
Publicado o 30 / 4 / 2015
As editoras están a desempeñar un importante papel na descuberta de novos creadores de banda deseñada