Coñecido artísticamente polo nome dos da súa casa ("os das Pastoras") é un dos autores galegos de maior sona, afincado desde hai moitos anos en Barcelona. Comezara na BD en 1981 através do fanzine "Zero Cómics" da cidade condal. En 1983 iniciou a súa colaboración con revistas. É autor de series como "El futuro nuestro de cada día", "Guerreros", "Puzzle", "Canal 44", "Agurio", "Kafre"ou "El humor de Das Pastoras" para publicacións como "Splatter", "1984", "Más Madera!", "Zona 84", "El Víbora", "El Jueves", "Comix Internacional" ou "Madriz". As súas viñetas de humor gráfico para o suplemento semanal de "El Mundo" foron compiladas en dous tomos titulados "Ustedes Perdonen" (Sinsentido). Participou en numerosas mostras internacionais e álbumes colectivos, como "La Historia del Blues" (Undercomic). Este último proxecto de Siniestro Total xurdiu en boa parte grazas á adaptación que Das Pastoras fixera dunha canción do grupo no álbum colectivo "Pop Español". Traballou para o mercado francobelga coa serie "Os heresiarcas", con guión de Carlos Portela, tamén publicada en EEUU baixo o nome "Deicide". Deste título unha contribución apócrifa viu a luz na nova etapa da revista "Metal Hurlant", ademais da serialización do segundo álbum. Con guións de Jodorowsky empezou en 2007 a colección de álbumes "Castaka". En Marvel Comics participou con historietas curtas entre outras en "Punisher: Frank Castle" nº75 (2009) e "Deadpool: Merc without a mouth" nº7 (2010).
publicacións
Álbum
Castaka
Debuxante,
Portadista,
Noticias relacionadas
A diferenza dos fanzines
Publicado o 25 / 1 / 2024
Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición
Facer as Américas a cadriños
Publicado o 23 / 10 / 2017
Unha vaga de autores galegos de banda deseñada consegue o éxito a traballar para mercados foráneos