Participou na Bienal da Caricatura de Ourense e noutras publicacións da Casa da Xuventude, como as revistas dos certames de BD dos anos 1992, 94 e 99. Tamén contribuiu ao Salão Luso-galaico de Caricatura de Vila Real (Portugal). Realizou banda deseñada no fanzine R.I.P. da Guarda (1994-95) e en diversos números do Barsowia. É un dos debuxantes do álbume "Capital" con guións de Kike Benlloch (Edicions de Ponent, 2006).
Palmarés
Concurso de pintura rápida ao aire libre en Ourense 2002 e 2004, primeiro premio en ambos anos. Concurso de pintura ao aire libre Cidade de Lugo 2002, 2003, 2005, accésit os tres anos. Gañou o concurso o cartel anunciador da XV Festa da Langosta da Guarda (2005). Primeiro premio no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis (Salamanca 2006).
Formación específica
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca (2007). Técnico Superior en Ilustración na Escola de Arte Antonio Failde de Ourense (2002).
publicacións
Revista ou comic-book
Barsowia
Debuxante,
Fanzine
R.I.P.
Debuxante,
Guionista,
Noticias relacionadas
A Torre da Fin
Publicado o 21 / 5 / 2021
Coñecemos o épico asedio de Caldaloba, onde finalizou a resistencia da nobreza galega aos Reis Católicos