Con frecuencia, asóciase a caída da Torre da Frouseira, no Valadouro, co final dunha época: a do poder incontrolado da nobreza feudal de Galicia, e a progresiva imposición do poder castelá sobre o reino que levou ao control total do seu destino por parte dos reis casteláns. Pero a historia é máis complexa e ten un epílogo abraiante no castelo de Caldaloba (Cospeito), trala morte do Mariscal, na resistencia encabezada pola súa filla Constanza de Castro. No medio da que hoxe é unha idílica fraga viviuse un cruento asedio ao longo do ano 1484 que supuxo a "fin da existencia efectiva do Reino de Galicia". Cando menos así o valoran os organizadores do acto reivindicativo que se celebrará ao pé da torre este sábado 22 ás 11.30 horas, e que reivindicará a memoria e recuperación deste esquecido testemuño dos violentos episodios do final da Idade Media galega.
No evento, convocado por dezanove entidades culturais da provincia de Lugo, intervirán o divulgador Orlando Viveiro e o profesor emérito da Universidade de Oviedo Antón Meilán, quen publicará en breve na revista histórica Murguía unha síntese das súas investigcións ao redor do asedio desta fortaleza, tamén coñecida coma o castelo de Vilaxoán. Falamos co profesor Meilán para coñecer mellor estes feitos.
Que sucede en Caldaloba?
En Caldaloba remata o antigo reino de Galicia, que vén da época dos suevos. Este castelo está xunguido ao tráxico final do mariscal Pardo de Cela. Unha vez que degolan ao mariscal en Mondoñedo o 3 de outubro de 1483, a súa filla Constanza de Castro e o seu marido Fernán Ares de Saavedra deciden, en consello familiar, tomar a fortaleza de Vilaxoán para vingar a morte do pai e esixir a restitución dos bens que lles foran incautados. O castelo de Vilaxoán fora de Pardo de Cela, pero naquel momento pertencía ao Vizconde de Altamira, Alonso Pérez de Vivero, que era moi amigo dos Reis Católicos. De feito, Isabel e Fernando casan no pazo do vizconde en Valladolid e viviron alí seis meses. Así que, como di o cronista Vasco da Ponte, "fúrtanlle o castelo", no que ademais estaban acuarteladas as tropas dos comisionados casteláns, e toman ao alcaide como refén. De feito, o vizconde escríbelle aos reis o 3 de xaneiro de 1484 explicándolle que estaba enterado que tomaran o seu castelo, que estaba baixo asedio, e pedíalles que non o derrocasen cando o tomasen. Porque a práctica habitual dos reis ante os nobres rebeles era degolalos, confiscar e vender as súas terras e derrocar os seus castelos.
Foi un asedio complexo?
Eu calculo que trala morte do Mariscal, ao longo dese mes de outono, tiveron uns 28 días para se meter en Vilaxoán, ver que vasalos levaban, víveres, armamento de guerra, trabucos, lanzas... Como moi tarde entran a finais de outubro. O 27 de novembro de 1484, é dicir, uns trece meses despois, temos outro documento dun pleito do bispado de Mondoñedo precisamente contra a irmá de Constanza, pola sucesión de Burela. Piden unhas testemuñas da familia dos Bolaño, e estas dinlles que non poden testificar porque estaban, fíxate que palabra máis bonita, "enfortalecidos en Vilaxoán". O 13 de maio de 1485 os Reis Católicos dan ordes para a pacificación de Galicia e xa antes lles escribira o virrei López de Haro comunicándolles que tiña a bo recaudo Vilaxoán, así que o asedio xa estaba rematado para de aquela. En Caldaloba remata a loita contra os comisionados de Castela: López de Haro, Luís de Mudarra, Fernando de Acuña... aos que se sumaban outras forzas da Irmandade galega e outros nobres do reino coma os Andrade ou os Ribadeneira. Na torre aínda se poden apreciar trazas do impacto dos proxectís e aínda me dixeron hai pouco uns amigos que ata non moito na torre conservábanse bolaños de pedra que poderían proceder do asedio.
Como remata o conflito?
Constanza de Castro morre supostamente por beber as augas contaminadas do alxibe do castelo, corrompidas neses meses. Fernán Ares, o seu home, estaba ferido pola pedra dun trabuco, e aínda resistiu outros tres meses, e acabou entregándose xunto con tres soldados aínda sans. López de Haro quíxoo matar, pero Diego de Andrade, que participara no asedio, pídelle aos reis que non o degolen, e deciden envialo á guerra a Málaga. Hai que ter en conta que Fernán Ares fora capitán da casa dos Andrade, e era moi ben considerado por estes. Fixera unha gran defensa da cidade da Coruña cando o conde de Benavente a quixera tomar. E vai pasar algo moi curioso. López de Haro fixo repartir toda a fortuna de Fernán Ares a tres bandas: unha parte para os reis, outra para Diego de Andrade e a terceira para Álvaro González de Ribadeneira, os tres grupos armados que participaran no asedio. Pero Diego de Andrade vaille devolver a Fernán Ares a súa parte, e tamén Ribadeneira, cando o seu fillo case con Constanza, a filla dos rebeldes. Os reis nunca quixeron recibir nin escoitar a Fernán Ares.
É unha historia novelesca...
Esta historia do Mariscal... está chea de trampas, de mentiras e traizóns. Por exemplo, eu non me creo a historia da auga podrecida de Vilaxoán coa que se contaminou Constanza de Castro. Hai algúns datos moi singulares. Por exemplo, a neta do Mariscal presentoulle un preito ao bispado de Mondoñedo para recuperar as terras do seu avó, e gáñaa porque o bispo presentou un testamento falso do Mariscal. Pois ben, a falsificación da sinatura fíxoa o notario Pedro López de Sahagún, que servira ao conde durante corenta anos, e recoñeceuno. Ditouse orde de prisión contra el e refuxiouse no convento franciscano de Viveiro, onde se queimou e morreu dentro da súa cela. E outra: a Pardo de Cela aprésano na casa de Fonso Eanes, no Castrodouro. Andivemos detrás deste Eanes, que aparece no testamento, con nome e apelidos. Era o secretario particular do bispo, o capelán. En Castrodouro a Pardo de Cela téndenlle unha trampa para collelo e todo sucede entre cregos. O Mariscal estaba só. Todo iso vai convertelo en mito e, se cadra, eclipsar a historia de Caldaloba.
Que vai pedir este sábado no castelo?
Quero reivindicar que tanto a Frouseira como Vilaxoán deben seguir protexéndose. Hai que restaurar Caldaloba e vou propoñer que lle fagan unha estatua alí mesmo a Constanza de Castro, que aínda non sabemos onde está soterrada. Ela morreu aí e nós estamos pisando sobre sangue e mortos nosos.