O 'bum' eólico ten cifras en Galicia: de 176 parques nestes momentos a unha nova situación na que se están a tramitar, nestes momentos, 275 novos. E de 3867 megawatios de produción actual a 7.200 de seren autorizados no seu conxunto. Este gran incremento supón un profundo impacto no patrimonio, na paisaxe e no poboamento de Galicia. O CCG presentou esta mañá o informe Enerxía eólica e paisaxes culturais en Galicia, no que solicita "unha moratoria na autorización dos parques para poder revisar o Plan sectorial eólico de Galicia e o seu sometemento a avaliación ambiental estratéxica". O informe chama a atención sobre o profundo impacto que teñen sobre as paisaxes de Galicia, e o seu patrimonio natural e cultural.
"De maneira moi seguida e en moi pouco tempo, o Consello da Cultura Galega comezou a recibir peticións de diferentes colectivos e entidades de distintas partes de Galicia en relación á implantación de parques eólicos", sinalou a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, "así que decidimos abordar o asunto cun informe global". Para atender ás múltiples cuestións vinculadas aos parques eólicos, o CCG constituiu unha comisión coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e integrada polo xurista Carlos Amoedo Souto, o arqueólogo David Barreiro Martínez, a arquitecta Teresa Nieto Freire, o xeógrafo Augusto Pérez Alberti, o economista Xavier Simón e o arqueólogo Xosé Ignacio Vilaseco Vázquez. O CCG valora de maneira positiva o desenvolvemento da enerxía eólica pero pide que encaixe dentro do respecto aos valores da paisaxe cultural galega.
O resultado é un informe que, segundo explicou Blanco-Rotea na rolda de prensa, conclúe que é "prioritaria a revisión do Plan Sectorial Eólico", realizar unha "ampliación da Rede Natura e detallar máis as paisaxes que comprende", xa que segundo o informe 1200 megawatios de potencia actual xa están situados en espazos con ese nivel de protección. Na actualidade a Rede Natura afecta só ao 12% do territorio galego, moi por debaixo da media española, situada no 27%. A terceira conclusión salientable é poder determinar a escala do impacto dos parques. O informe critica a práctica de fragmentar parques que en realidade son parte da mesma instalación para minimizar o impacto de cada un deles. Segundo os redactores, "urxe solicitar unha moratoria da autorización de parques para que as administracións teñan tempo a corrixir as eivas".
O documento, accesible en liña no web do Consello da Cultura Galega, considera que "a instalación dos parques eólicos supera a capacidade de carga do sistema natural, que racha coa imaxe da paisaxe tradicional e coa memoria colectiva dos seus habitantes". O informe estuda as causas da gran conflitividade social que está a xenerar nestes momentos a elevada peticións de novos parques, e que explica en gran parte debido "ao cambio regulatorio". "Coa lei 5/2017 de implantación de iniciativas empresariais en Galicia", sinala o informe, "deséñase un mecanismo liberalizador que garante o inicio do procedemento administrativo de admisión e autorización sen necesidade de ofrecer ningunha contrapartida socioeconómica á sociedade galega". A outra lei é a 9/2021 de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, "desde este momento todas as terras rústicas de Galicia sobre as que non exista figura de protección ambiental poderán albergar parques eólicos. Esa lei só tivo en conta a idoneidade das localizacións desde o punto de vista eólico e non as de carácter paisaxístico nin os valores relacionados co patrimonio cultural e natural".