culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / promocions / Libros para vivir e coñecer o mundo
Promoción

SORTEAMOS 5 EXEMPLARES DO LIBRO O CARBALLO DE BAíA EDICIóNS SORTEO PECHADO

Libros para vivir e coñecer o mundo


16 / 1 / 2013
Santiago. Redacción
Destacado

A editorial Baía Edicións ven de por en marcha unha nova colección (en formato grande e encadernación en capa dura) de divulgación de elementos singulares do noso medio natural, dirixida, fundamentalmente, a nenas e nenos de ensino primario, baixo o lema xenérico de A aventura de vivir. Na primeira entrega, Calros Silvar, cun texto moi sinxelo e de fácil comprensión para as lectoras e os lectores aos que vai dirixido e mesmo cunha presentación do protagonista, humanizado ao modo dos contos clásicos e tradicionais dos animais falantes, como guía do seu ecosistema para os visitantes que acoden a coñecelo. Asemade, vai explicando quen son as árbores e, concretamente, os Quercus e as diferenzas máis singulares entre as distintas especies, como nacen, se desenvolven e como evolucionan durante o seu longo período de vida. Alerta tamén dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza. Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.

Convén salientar tamén e de forma moi especial o magnífico traballo de ilustración do seu autor, poñendo en evidencia o alto nivel da ilustración da natureza no noso país, onde Calros Silvar destaca por méritos propios.

Baía Edicións e Cultura Galega queremos agasallarte cun libro sobre a árbore máis característica do noso país. Para gañar só terás que demostrar que coñeces O CARBALLO. Cinco libros d’O Carballo de Baía Edicións sortearemos entre aqueles que contestedes correctamente unha sinxela pregunta: Como se chama o froito do Carballo?


Pregunta

Como se chama o froito do Carballo? ?


As respostas enviaranse antes das 15 horas do 24 de xaneiro ao correo lg3@culturagalega.org..

O correo debe levar como asunto “sorteo Carballo Baía Edicións” e incluír o nome e apelidos, o teléfono e o número de DNI da persoa que participa.

Cada persoa só poderá participar unha vez e a través dunha soa conta de correo.

Entre todos os nomes dos participantes levarase a cabo un sorteo cun programa de selección aleatoria que elixirá cinco nomes de xeito correlativo.

O resultado do sorteo farase público durante a mañá do 25 de xaneiro no portal na páxina desta promoción e comunicaráselle directamente ao gañador ou gañadora pedíndolle o seu enderezo postal.

Os datos de contacto só terán como uso facer o envío dos libros de Baía Edicións e non serán almacenados en ningunha base de datos nin usados para ningunha outra finalidade.

Sorteo pechado

Respostas correctas: Landra ou belota (as dúas están recoñecidas pola RAG)

Gañadores/as:


1. Mar Iglesia Cabaneiro

2. Angela Alvarez Morandeira

3. Sergio Rojo Martínez

4. Antón Romero Ces

5. Mar Corbelle Valiño

Hoxe en culturagalega.org

O espazo cultural que antes collera a Sala NASA apunta ao Concello como responsable por unha "persecución"
A Sala Malatesta de Santiago pecha definitivamente
O director serbio obtivo os premios do xurado e do público do festival pontevedrés con Wind Talk To Me
Stefan Djordjevic imponse no palmarés do X Novos Cinemas
A asociación que os convoca tamén galardoou o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal
Os XVIII premios Barbantia recoñecen a Antonio Pérez e a Manuel Olveira
O autor acadou a sétima edición do Premio Daniel Domínguez coa historia de intriga 'Monstros'
Benigno López Moure gaña o Premio de Guión en Galego da AGAG
O museo quere impulsar a súa función de creador de colección contemporánea
O MARCO inaugura unha mostra de fondos propios
Os galardóns locais recoñecen a figuras como Antón Riveiro Coello ou as irmás Iria e Alba Prol
Xinzo reparte os seus Premios da Cultura
A obra A lingua dos ósos relata a súa experiencia en Serbia
Fran Fernández Davila gana o premio Camilo José Cela de Narrativa
Celébranse no CGAC as primeiras xornadas que debaten unha folla de ruta con este obxectivo
A arte busca os camiños da profesionalización
Mario Ezequiel Casas debuta na novena arte con A lenda de Santoro
Demo Editorial lanza dous novos títulos de BD de cara ao Nadal
A nova convocatoria bianual mantén o orzamento de 400.000 euros pero ábrese a diferentes tipos de promotores
A Xunta supera o modelo da RGMV na nova liña de axudas a concertos en salas
O galardón está dotado con 1.000 euros e a publicación da obra
Paulino Peña obtén o Premio Arume de poesía para a infancia
O investimento de 192.000 é o primeiro paso para o centro que homenaxeará o arquitecto Rodolfo Ucha
O Concello de Ferrol merca a futura sede do Museo do Modernismo
Roteiros e outras actividades difundirán a vida e obra e darán a coñecer o seu traballo
Santiago reivindica desde hoxe á escritora e xornalista Concha Castroviejo
Recibirá 1.000 euros polo seu proxecto Os días que foron, 2014-2018
Jesús García faise co V Premio Editorial de Fotografía Documental Galega
A reportaxe aborda o impacto da rede na saúde mental e no benestar emocional
Raquel Campos Pico gana por segunda vez o premio Reimóndez Portela
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org